Xulio Ferreiro: «Despois das eleccións, deixo de fumar. Pase o que pase»

Mila Méndez Otero
Mila Méndez A CORUÑA

ELECCIONES 2020

CESAR QUIAN

«Son de Bitter Kas, sempre me miran raro nos bares»

22 may 2019 . Actualizado a las 10:29 h.

Na vida, e na política, sentencia Xulio Ferreiro (A Coruña, 1974), hai verdades incontestables. Ao alcalde, maxistrado suplente da Audiencia Provincial de Lugo e profesor de Dereito Procesal na UDC, gústalle facer o símil co fútbol. Como diría o seu admirado «sabio de Arteixo», Arsenio Iglesias, a pelota caeu do seu lado. Pasa media vida no seu despacho de María Pita, onde nos cita para a foto. O partido que se decide o día 26 dirá se pasa á defensa ou segue capitaneando o ataque.

1.  Cantas horas dorme ao día? Que soñou hoxe?

Cando me meto na cama fágoo sen pantallas. Adoito deixar o teléfono noutro cuarto. Desde que son alcalde é raro que durma máis de seis horas. Déitome á unha e pico e ás sete o espertador xa soa. Durmo intensamente, poucas veces me lembro do que soño. O meu cerebro funciona así, creo que afortunadamente.

2. Que serie está a ver ou cal foi a última que viu? Ten plataformas de pago?

Teño R e non son moi orixinal, coma moita xente, estou a ver a última temporada de Xogo de Tronos. O terceiro capítulo é do mellor da serie.

3. Se lle desen a elixir, con quen tomaría agora mesmo un café ou unha caña? E, xa postos, café, caña, refresco...? 

Cos meus amigos de sempre, que os teño moi abandonados. Fallo case todos os xoves. Entre semana case nunca bebo alcohol. Si, son de Bitter Kas, sempre me miran raro nos bares. As fins de semana, depende do día, pido viño ou caña.

4. Bote a vista atrás. A que lugar ou momento volvería?

Houbo dous momentos moi emocionantes e emotivos, os de maior felicidade na miña vida. O primeiro, cando naceu a miña primeira filla. O segundo, cando o meu segundo fillo saíu da uci pediátrica.

 

5. Cando foi a última vez que convidou a alguén a tomar algo?

Esta mesma mañá. Convidei ao equipo de campaña. 

6. E cando foi por última vez a cear con amigos?

Teño un grupo de amigos que quedamos sempre, todas as parellas, a cear cos nenos os venres.

7. Cando chega á casa o primeiro que fai é...

Se están, darlles un bico aos nenos e á miña muller. Despois, quitar os zapatos. Non me gusta nada andar pola casa con eles.

8. Pola súa actividade política a que non estaría disposto a renunciar?

Que non faría? Nunca mentiría por política. 

9. Ten seguro privado de saúde? E cantas tarxetas bancarias?

Eu non teño, pero si a miña muller. Tarxeta só teño unha, de débito e da banca ética.

10. Ten coche? Cal e desde hai canto? E que móbil?

Un Opel Zafira que ten oito anos. Móbil, por desgraza, tamén teño [sorrí]. Polo traballo debo de estar as 24 horas conectado. Comprendes entón que unhas vacacións tamén serían estar sen el. En canto á marca, hai varios anos que teño un iPhone.

11. Ten vivenda en propiedade ou en alugueiro? 

Vivo nunha vivenda que é propiedade da miña parella, eu non teño piso en propiedade.

12. Que será o primeiro que fará o luns 27 de maio?

Deixar de fumar. De verdade! Fumo desde hai uns 15 anos, comecei cando tiña 27 ou 28. A campaña non é o mellor momento, así que foi o obxectivo que me puxen: despois das eleccións, deixo de fumar. Pase o que pase, que o que pase será bo.

O QUE DI A SÚA LETRA (por Luis Alamancos, GRAFÓLOGO E RESPONSABLE DE INPEVAL)

CARÁCTER COMBATIVO. É unha pesoa ordenada, como indica a sangría da marxe esquerda; de intelixencia intuitiva e observador, segundo os grafemas en varios trazos e o ce pechado. Responsabilízase dos seus actos pola distancia entre o texto e a firma, e ten un carácter combativo. É implacable cos seus inimigos.