Villares: «Se en Galicia non hai extrema dereita é debido a que os designios de Vox están cumpridos polo PP de Feijoo»

S.L.L. SANTIAGO / LA VOZ

ELECCIONES 2020

XOAN A. SOLER

En Marea denuncia os «pasos atrás» no emprego do galego e reivindica políticas que promovan o seu uso os «365 días do ano»

17 may 2019 . Actualizado a las 15:41 h.

En Marea denuncia os pasos atrás que as políticas lingüísticas da Xunta de Galicia teñen experimentado nos últimos anos e insta ao goberno galego a implicarse de xeito activo e efectivo na defensa do galego. No día das Letras Galegas o voceiro e a vicevoceira da formación denunciaron a anomalía democrática que supón o feito de que nas aulas de Galicia non poida ensinarse matemáticas ou física e química na lingua propia. Tamén a candidata de En Marea-Compromiso por Europa reivindicou a necesidade dunha maior implicación das administracións na defensa do galego. E instou ao goberno central a demandar a oficialidade da lingua galega no Parlamento europeo. 

«Cando hai unha dictadura, toque de queda, a xente ten que quedar na casa sen poder saír. Iso é o que está acontecendo coa lingua galega na ciencia desde que goberna Núñez Feijóo. Temos unha prohibición legal de poder explicar en galego as matemáticas, a física… Unha situación predemocrática, un estado de excepción co que queremos rematar xa», denunciou dende a manifestación de Queremos Galego en Lugo o voceiro de En Marea. Luís Villares criticou as políticas restritivas e totalmente contrarias á promoción e defensa do galego impulsadas polo goberno do Partido Popular. E destacou que, se «en Galicia non hai extrema dereita é debido a que os designios de Vox están cumpridos polo PP de Núñez Feijóo. Por iso hoxe temos que reclamar liberdade, igualdade e xustiza para o galego en relación co castelán. Para poder vivir con liberdade no ensino, pero tamén na ciencia», indicou Villares, quen destacou a importancia estratéxica do eido científico. «O futuro está na ciencia, na tecnoloxía, e Feijóo ten prohibido o uso do galego nese ámbito. É momento de levantar esas prohibición para que explicar matemáticas en galego nos centros de ensino deixe de ser ilegal», reivindicou.

Na manifestación Queremos galego de Santiago, a candidata de En Marea ás eleccións europeas, Lidia Senra apelou tamén á necesidade de que o goberno central actúe para defender o carácter plurilingüístico do estado e para garantir os dereitos das linguas diferentes do castelán en Bruselas. «Queremos reivindicar que o goberno do estado dea un paso adiante e comunique ás instituicións europeas que quere que o galego sexa tamén lingua oficial no Parlamento europeo», demandou.