Que lle preguntarías a Francisco Jorquera, candidato do BNG á alcaldía de A Coruña?

Iago García
Iago García REDACCIÓN | LA VOZ

ELECCIONES 2020

César Quian

O candidato nacionalista percorrerá mañá mércores ás 14 horas o entorno da rúa Barcelona e a praza das Conchiñas na cidade herculina. Poderás velo en directo no Facebook de La Voz e atoparte directamente con el pola rúa. A túa proposta será recibida directamente

08 may 2019 . Actualizado a las 12:09 h.

Foi deputado autonómico, no Congreso e mesmo senador. Agora Francisco Jorquera (Ferrol, 1961) preséntase como candidato a alcalde en A Coruña. A súa longa traxectoria política, que inclúe unha candidatura á presidencia da Xunta, súmase agora esta loita pola alcaldía da cidade herculina.

Na serie de entrevistas en directo en Facebook que La Voz de Galicia pon en marcha con diferentes candidatos nas cidades pódese interactuar directamente con eles, algo insólito nunha campaña de eleccións municipais. Hai varias maneiras de facelo, nun formato que supón un reto para os candidatos, que nunca saben con que veciño se poden atopar e que proposta, queixa ou felicitación pode saír durante a emisión, tendo que enfortarse a elas sen ter un guión previo. A todo iso súmanse os comentarios á emisión en Facebook e os que cheguen antes, a través dos comentarios que se poden deixar a esta noticia máis abaixo. Iago García é o encargado de conducir este espazo, no que sae á luz o lado máis humano, simpático e dialogante dos cabezas de lista das sete cidades galegas.

Ás 14 horas na rúa Barcelona e praza das Conchiñas   

Se prefieres ter un cara a cara co candidato agardámoste ás dúas da tarde na rúa Barcelona. Podes achegarte a Francisco Jorquera e falar directamente con el. Cunha audiencia potencial de case 750.000 persoas, os seguidores que La Voz ten en Facebook, leva ben pensado o que dirás. Quizais ao día seguinte sexas famoso no teu barrio. Teno en conta ;)