Marián Ferreiro anuncia en Santa Icía a reforma para a praza da Constitución

La Voz NARÓN / LA VOZ

ELECCIONES 28M

Marián Ferreiro, candidata de Terra Galega
Marián Ferreiro, candidata de Terra Galega JOSE PARDO

Indica que será un referente «non só en Narón senón en toda Galicia»

24 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Para o vindeiro mandato, a candidata de Terra Galega avanzou que se farán reformas na praza da Constitución. O anuncio foi realizado onte por Marián Ferreiro en Santa Icía, durante un acto electoral.

Ferreiro estivo acompañada por Guillermo Sánchez Fojo, José Oreona e Marta Novo. Ante os veciños indicou que esa praza do barrio «seráobxecto dunha importante remodelación, cun deseño acorde aos cambios que nos últimos meses está experimentando a zona co avance das obras de humanización».

Sobre esta actuación, a candidata de TeGa recalcou que se convertirá «nun referente non só na cidade de Narón senón en Galicia, sobre a implantación dun modelo que permitirá dar un gran cambio a unha avenida, a da Solaina, na que os peatóns terán prioridade, con beirarrúas máis anchas e máis accesibles».