La ganadería y el turismo, los ejes que marcarán un nuevo mandato en Sobrado

Ana González Núñez
Ana González SOBRADO

ELECCIONES 28M

Lisardo Santos (PSOE) y Samuel Márquez (PP).
Lisardo Santos (PSOE) y Samuel Márquez (PP).

Solo el PP busca desbancar al PSOE, que espera revalidar la alcaldía

18 may 2023 . Actualizado a las 18:42 h.

El concello de Sobrado dos Monxes, con 1.767 habitantes, tiene como esencia el turismo y la ganadería, dos de los temas que marcan la campaña electoral para los comicios del 28 de mayo, cita a la que concluyen esta vez solo dos formaciones: el PSOE y el PP. En estos momentos, gobiernan los socialistas con mayoría absoluta, frente a los dos ediles que tienen los populares. Así, el mandato que termina fue más tranquilo que el anterior, en el que el municipio vivió dos mociones de censura.

Lisardo Santos (PSOE): «Cremos que imos poder manter a maioría» 

Lisardo Santos (Sobrado, 1980) agarda revalidar a alcaldía despois dun mandato que describe como complicado, marcado polo coronavirus.

—Como define este mandato?

—Foron anos moi duros. Os primeiros pasámolo bastante mal coa pandemia, polo descoñecemento de non saber o que pasaba e tentar dar os servizos igual. Os outros dous, cando se normalizou a situación, fixéronse moitísimas cousas.

—Cales destaca?

—En obras traballamos moitísimo. Nos últimos anos van case tres millóns de euros en investimento. Tamén fixemos un investimento moi alta en servizos sociais. Estamos en 700.000 euros de investimento.

—Asuntos prioritarios para o próximo mandato?

—Seguir traballando en servizos sociais e conseguir un centro de día. Tamén, centrarnos na promoción do turismo e os servizos básicos. Somos metade turismo e metade gandaría. No verán, co Camiño de Santiago, o tema turístico está ben, pero hai que melloralo, sempre sen deixar de lado ao sector gandeiro.

—Como vai ese centro de día?

—Fixemos a adquisición do terreo no 2019. Tiñan un uso agrario e cambiámoslles o uso. Pedimos unha axuda á que renunciamos porque había outra da Xunta e solicitámola. Agora estamos á espera de que respondan.

—A súa é unha candidatura continuísta.

—Só incorporei a unha persoa nova, pero os outros son os mesmos. Son xente traballadora que me apoiou desde o principio. Mentres eles queiran, estarán.

 —Sobrado caracterizouse no seu momento por ter inestabilidade política con dous mocións de censura nun mandato. Chegou a estabilidade?

—Nestes últimos catro anos estamos sete do PSOE y dous do PP. Hai estabilidade, pero non sabemos o que vai pasar. Cremos que imos poder manter a maioría.

—Ao contrario do que sucedeu noutras eleccións, nesta ocasión só hai dúas alternativas: PP e PSOE. Cre que isto é beneficioso?

—Non. Canta máis xente se implique, mellor para todos. Hoxe en día nos concellos rurais non se consegue xente para facer candidaturas, sexa do partido que sexa.

Samuel Márquez (PP): «Non se está facendo nada máis que un pouco de política de formigón»

Samuel Márquez (Sobrado, 1992), técnico de emerxencias sanitarias, introdúcese no mundo da política por primeira vez «con moitas ganas e ilusión». 

—Como viu estes catro anos?

—Non se fixeron moitas cousas. Quedou sen facer o centro de día para os nosos ancianos, que ao final non se fixo. No tema dos deportes, quedou sen facer unha pista de pádel, que se empezou pero está sen rematar, ainda que empezaron agora polas eleccións.

—Asuntos prioritarios?

—As carencias que temos nas infraestruturas, nas carreteras; fomentar máis o camiño de Santiago, e crear postos de emprego, que non se está creando ningún. Eses son os máis prioritarios sen dúbida. E chegar a todas as parroquias e aldeas, que non se está chegando. Ademais, no tema da gandaría, que é un punto forte que temos, intentar achegar a máis parroquias o tema da parcelaria, porque é un ben común para todos. 

—Fala de emprego. Que propostas ten?

—Intentaríamos ter viabilidade para crear un polígono industrial, que está complicado, pero, sobre todo, cambiar o plan urbanistico, para que un pequeno autónomo poida montar un pequeno negocio nas naves que hai e ir crecendo pouco a pouco. Moita xente xove, como son eu, estase indo para Teixeiro, Melide... Porque tampouco teñen para comprar unha vivenda a un precio asequible. Non se creou ningún edificio, non se fixo nada. Entón, hay que remodelar o plan urbanistico. 

—Cales son os puntos fortes de Sobrado?

—O Monasterio, a laguna e o Camiño de Santiago, que hai que fomentalo máis. O campamento romano da Ciadella ten moi pouco reclamo porque non se fomenta. É un sitio espectacular e non se fan excursións nin nada.

—Que perfiles compoñen a súa candidatura?

—Xente nova, con moitas ganas e ilusión. Nos criamos aquí e queremos segir vivindo aquí e que os nosos fillos, familiares e veciños teñan un futuro.

—Ve posibilidades de gobernar?

—Por suposto, sen dúbida. Estamos traballando para iso. Somos xenten nova. O PP gobernou moitísimos anos e queremos que volva a ser o que era. Eu son do Mesón. Ese núcleo o mellorou o Partido Popular, co alcantarillado, farolas, cobertura para os móbiles e carencias, que hay moitas carencias. Non se está facendo nada máis que un pouco de política de formigón. Tanto no PP coma no PSOE temos que, entre todos, mirar para mellorar.

—Ao contrario do que sucedeu noutras eleccións, nesta ocasión só hai dúas alternativas: PP e PSOE. Cre que isto é beneficioso?

—Non o sei. Creo que cantas máis ideas e propostas mellor será para os veciños. É o que creo. Eu ofrezo unha alternativa ao que hai. O pobo sempre ten a razón.

Recibe cada tarde en tu correo la newsletter Elecciones 28M con el adelanto en exclusiva de la encuesta de Sondaxe para La Voz y el resumen diario de la campaña en Galicia. Si todavía no eres suscriptor, suscríbete por solo 2€/mes.