Debate: ¿Cómo afectará a Galicia el cierre de aulas de infantil?

Los expertos creen que el descenso de la natalidad permitirá ofrecer una mejor educación, con menos alumnos por aula y profesores especializados.

En la próxima década, Galicia habrá perdido más del 20 % de sus alumnos de 3 años. Una situación que obligará a cerrar numerosas aulas de infantil, pero que puede ser una oportunidad para rediseñar el mapa escolar de forma que se solucionen algunos problemas que provoca la actual masificación de algunos centros. Más profesores y atención personalizada a la diversidad están en el punto de mira.


A menos alumnos, máis calidade educativa

Un curso máis e de xeito alarmante descende o número de alumnos que entran no sistema educativo. Cada vez é máis urxente aproveitar esta realidade para deseñar un plan global que permita racionalizar os recursos e mesmo mellorar a calidade do servizo, que, aínda sendo moi boa en Galicia, pasaría a ser excelente. Non soluciona o problema continuar con medidas provisionais que cada día están a xerar máis diferenzas entre centros e desbalde de gasto público. Certo que un proxecto xeral que asuma a inevitable supresión de unidades, colexios ou servizos e de modificación da oferta educativa pode xerar conflitividade, pero esta quedaría eclipsada nun contexto de melloras moi demandadas neste momento pola comunidade educativa. En calquera caso, pospoñer as decisións non fai máis que agravar o problema cada novo curso.

A última revisión do mapa escolar galego foi hai un cuarto de século e desde aquela non deixou de diminuír o número de alumnos, ademais de desprazarse do contorno rural ao urbano e do interior á costa. Como consecuencia aumentou o número de concellos que contan con varios centros das mesmas etapas educativas, con matrículas moi baixas. Hai tamén oferta repetitiva de ensinanzas posobrigatorias na mesma localidade ou contiguas, mentres que faltan prazas para outras de máxima demanda. E as diferenzas entre zonas xeográficas no número de alumnos por aula son cada día maiores.

O deseño dun novo mapa escolar permitiría aforrar moito gasto público en persoal, recursos materiais, servizos complementarios (transporte e comedor) ou mantemento de centros. Pero este aforro non prexudicaría ao administrado nin tería por que retornar ás arcas públicas, senón que se reinvestiría en necesidades importantes que aínda ten o sistema. Hai dúas destacables: a diminución do número máximo de alumnos por aula e o incremento de persoal docente especialista en atención á diversidade. Aínda que a regulación da ratio máxima alumnos/aula corresponde ao Estado, Galicia podería aproveitar o constante descenso de matrícula para evitar que o número de alumnos chegue ao tope establecido nas zonas que aínda teñen alta demanda de escolarización.

É tamén petición insistente unha maior atención a alumnos con necesidades educativas especiais. A dotación de especialistas en Pedagoxía Terapéutica, Audición e Linguaxe ou Orientación non deixa de medrar, sendo necesario tamén un estudo rigoroso das carencias reais, co fin de cubrir as necesidades efectivas e evitar diferenzas inxustificadas de dotación entre centros.

Autor Celso Currás Ex conselleiro de Educación de la Xunta

A incidencia da natalidade no ensino galego

Podemos afirmar que é unha realidade a incidencia que ten a natalidade no ensino, evidentemente pódese pensar que a maior número de nenos máis profesorado precisarase para contribuír á súa formación. Máis corren malos tempos para os docentes, xa que nos últimos anos estamos vendo como o índice da natalidade ten unha traxectoria descendente, e a previsión para os vindeiros non augura unha subida do mesmo. Esta repercusión é máis salientable no medio rural, posto que no medio urbano esta incidencia suavízase coa chegada de alumnado doutros países.

Atrás quedan os tempos cando nas xuntanzas familiares (Nadal, patróns, etcétera), eramaioría o número de primos que de adultos. Hoxe en día isto é impensable, os adultos superamos con creces aos menores. A sociedade muda, e todos temos que mudar con ela. E no mundo do ensino pasa o mesmo, o ensino ten que estar a vivir unha actualización constante en todos os seus departamentos, xa non se imparte so lingua ou matemáticas, temos moitas novas disciplinas educativas e outras que virán.

E que fai a nosa Consellería de Educación con este panorama? Pois, lonxe de reducir o número de docentes, o cal podería ter unha xustificación por esta baixa de nenos, a súa postura é totalmente contraria a esa redución do profesorado, e así podémolo apreciar en varias das súas actuacións, como pode ser o feito de aumentar ano tras ano o número de prazas nas oposicións, con máis de 13.000 prazas convocadas nos últimos anos, unha renovación do corpo docente importante para o ensino; outro índice significativo pode ser a aparición de novos postos para os docentes, como poden ser a aparición dos mentores ADIX da Rede Galega de Educación Dixital, contribuíndo a unha actualización aos novos tempos clarísima e tan necesaria; ou a creación da Rede de Orientación Persoal e Familiar que sirve de apoio e reforzo, un labor dos máis de 4.000 profesionais dedicados á orientación e o reforzo educativo que diariamente están traballando de maneira común nos centros educativos galegos.

Para este curso 2022/2023 prevese unha redución de alumnado de 7.500 alumnos en infantil e primaria, aínda así o número de aulas será maior que en anos anteriores á pandemia, e isto mírase cunha especial sensibilidade no medio rural, onde hai nenos hai un cole. Galicia ten a mellor ratio alumno/profesor de España, despois de Estremadura, rebaixando a media estatal. Ademais, o 70 % das aulas de Infantil e Primaria da Comunidade están por debaixo de 20 alumnos.

Moitos son os factores que nos levan a dicir que no ensino estase a traballar moito, e ben. Unha mostra pode ser os millóns de euros invertidos no acondicionamento dos centros ano tras ano; ou os 25,6 millóns de euros en axudas ás familias para adquisición de libros de texto para este curso 2022/2023. Todo para garantir o éxito do noso alumnado.

Autor Antonio Leonardo Pastor Presidente da Asociación de Directores/as de Colexios Públicos de A Coruña
Votación
4 votos
Comentarios

Debate: ¿Cómo afectará a Galicia el cierre de aulas de infantil?