Dous mil estudantes de Escolas Católicas fallaron as sete categorías do premio Frei Martín Sarmiento

A decimosexta edición do certame valorou textos que tratan temas como a inclusión e a igualdade


Santiago / La Voz

Xoán Curiel, por A Casa do terror, gañou a decimosexta edición dos premios Frei Martin Sarmiento, convocado por Escolas Católicas, na categoría infantil. Lidia Nokonoko e Concha Blanco, por Macedonia de versos, venceron na categoría de primeiro e segundo de primaria; María Reimóndez, con O xeito das froitas ,en terceiro e cuarto de primaria; David Daniel, por Brian, o chinés en quinto e sexto de primaria; Elia Barceló, con O efecto Frankestein conseguiu o recoñecemento da 6ª categoría; e Novo Mundo. Isabel Zendán na expedición da vacina, onde se conta a gran xesta levada a cabo por esta coruñesa, foi a obra seleccionada na categoría de cómic e banda deseñada. Por último, Carlos Vila Sexto foi recoñecido polo alumnado de bacharelato e polo público adulto na sexta categoría coa obra O pasaxeiro 19, que obriga os lectores e lectoras a repensar unha intrigante historia de crime e misterio. Este certame, apoiado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística que busca promover a lectura en galego entre o alumnado, foi fallado por votación de máis de dous mil estudantes de Escolas Católicas. O acto de entrega de ditos recoñecementos, que estaba previsto para o mes de maio, quedou posposto para novembro, por mor da crise sanitaria e o estado de alarma.

Newsletter Educación

Recibe todas las semanas la información más relevante sobre educación

Votación
0 votos
Comentarios

Dous mil estudantes de Escolas Católicas fallaron as sete categorías do premio Frei Martín Sarmiento