Lingua rodada: o talento audiovisual novo fala galego

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

EDUCACIÓN

O alumnado creador do microrrelato gañador participará nunha estadía rural de dous días, durante os que rodarán a súa idea cun equipo profesional e ademais presentarán o seu traballo no Festival de Cans. Na imaxe, alumnos de bachillerato nunha visita ao certame porriñés
O alumnado creador do microrrelato gañador participará nunha estadía rural de dous días, durante os que rodarán a súa idea cun equipo profesional e ademais presentarán o seu traballo no Festival de Cans. Na imaxe, alumnos de bachillerato nunha visita ao certame porriñés

Política Lingüística pon en marcha un certame de microrrelatos en vídeo dirixido ao alumnado de 12 a 17 anos

09 ene 2020 . Actualizado a las 22:06 h.

Co obxectivo de incidir na alfabetización audiovisual en lingua galega e en promover o uso do galego entre a mocidade a través de soportes en canles que utiliza a xente nova, a Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de poñer en marcha Lingua Rodada, un certame de microrrelatos levados á imaxe para estudantes de entre 12 e 17 anos, que deberán facer pequenos vídeos cos seus móbiles para contar unha historia.

As tres curtas preseleccionadas recibirán un obradoiro impartido por un especialista do sector audiovisual e así mellorar a súa proposta. O alumnado creador do microrrelato gañador participarán nunha estadía rural de dous días, durante os que rodarán a súa idea cun equipo profesional e ademais presentarán o seu traballo no Festival de Cans.

Os participantes deben ser estudantes de ESO, primeiro de bacharelaro, FP básica, ciclos formativos de grao medio ou ensinanzas especiais en centros de titularidade da Xunta. O prazo para que os centros educativos soliciten a participación no programa está aberto ata o vindeiro 3 de febreiro e o prazo de envío dos vídeo-relatos abranguerá do 4 de febreiro ao 4 de marzo. As bases completas poden consultarse no Portal da Lingua Galega