«A crise fíxonos máis flexibles na oferta de ciclos»

La Voz

EDUCACIÓN

Ruben Otero, director del  CEIP Manuel Antonio (Vigo)
Ruben Otero, director del CEIP Manuel Antonio (Vigo) M.MORALEJO

Rubén Otero es director del CIFP Manuel Antonio (Vigo)

06 jul 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

En Vigo, o CIFP Manuel Antonio é unha referencia en FP. Ofrece ciclos de cinco familias profesionais: Hostalaría e Turismo, Industria Alimentaria, Química, Sanidade e Téxtil.

-A oferta do Manuel Antonio é moi ampla, e iso debe notarse no número de solicitantes.

-Este ano temos 2.320 para os ciclos superiores, tanto na modalidade ordinaria como de adultos. Son titulacións con moito tirón.

-Non teñen prazas suficientes para tanto interese.

-Non. Temos capacidade para 1.600 alumnos e normalmente quedamos con 1.500-1.550. Apenas hai ciclos que non estean cheos.

-É unha revolución silenciosa.

-Sen dúbida. Hai moito traballo por detrás, da Xunta e dos centros na formación do profesorado, na metodoloxía da ensinanza. Agora facemos Moita innovación, nós tivemos cinco proxectos este curso, e os centros integrados de FP traballamos en rede.

-A crise trouxo de novo á xente ás aulas.

-E os centros soubemos adaptarnos aos cambios da sociedade, a crise fíxonos máis flexibles na oferta de ciclos e os centros apostamos por unha formación de especialistas. E tamén as empresas, que entenderon que os nosos alumnos saen perfectamente preparados e colaboran en todo.