O CIFP de Ribadeo oferta un ciclo de FP Dual de Electromecánica de Maquinaria único en Galicia

A nova directiva presentou onte

.

ribadeo / la voz

O Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Porta da Auga, de Ribadeo, conta con novo equipo directivo, que foi presentado onte, e oferta un ciclo de FP dual de Electromecánica de Maquinaria, que é único en Galicia.

«Este tipo de ensinanzas compaxina a formación no centro educativo coa formación nas empresas. Ao longo de dous cursos alternan estes períodos e o alumnado recibe unhas bolsas durante o período de formación nas empresas de 500 euros mensuais. O título que ofertamos é o de ciclo medio de Electromecánica de maquinaria e a duración sería desde setembro 2018 ata o 31 agosto do 2020», explicaron.

Isidro Berdeal, profesor de Automoción, é o novo director; como vicedirectora está Begoña Vázquez, profesora da especialidade de Servizos Socioculturais e á comunidade. Na xefatura de estudos seguirá J. M. López Teijeira, e na secretaría continuará Rafael Fernández Reiriz.

Newsletter Educación

Recibe todas las semanas la información más relevante sobre educación

Votación
1 votos
Comentarios

O CIFP de Ribadeo oferta un ciclo de FP Dual de Electromecánica de Maquinaria único en Galicia