En las aulas no solo aprenden los niños

EDUCACIÓN

Pablo Carballo / Álex López-Benito

En el día del maestro, tres profesores de diferentes etapas y edades hacen un balance de su experiencia, de las cosas que cambiarían y de todo lo que sus alumnos les enseñan

28 nov 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

«Sorpréndeme o seu nivel de xustiza e compañeirismo»

Rocío Balseiro creceu entre anécdotas doutros estudantes. Este é o seu primeiro curso impartindo clases como mestra de primaria no CEIP Eusebio da Guarda, un dos colexios públicos máis antigos da Coruña. Ten ao seu cargo os alumnos de quinto.

¿Es la enseñanza lo que se había imaginado? Na miña familia hai varios docentes e xa estaba ao tanto de como son os centros por dentro. Pero sempre hai cousas para as que non nos preparan e tes que lidar con elas unha vez que exerces.

¿Qué es lo que más le gusta, y lo que menos, de su trabajo? O que máis me entusiasma é o contacto directo cos nenos. Saber o que lles gusta, o que lles preocupa, e buscar a mellor forma de motivalos. O que menos, a burocracia. Non imaxinaba que precisaba tanto papelame, todo ten que quedar rexistrado. Seguramente ten que habelo, pero eu agradecería ter máis tempo para dedicarllo ás miñas clases.

¿Qué le falta, o sobra, a la educación? Falta recoñecemento do profesorado, ás veces veste un pouco cuestionada. E sobran moitos contidos a impartir, máis nestas idades. Teriamos que centrarnos máis no desenvolvemento emocional dos nenos e aplicar os coñecementos que temos que impartir á vida diaria, e non tanto libro de texto. Aprenden a facer unha división no papel, pero logo chegan ao mercado e, cando teñen que aplicar esas divisións, ou esas sumas, fáltanlles recursos para facelo.

¿Se siente diferente a sus compañeros de otra generación? Pode notarse no emprego das novas tecnoloxías ou no coñecemento de técnicas educativas máis actuais, como poden ser a gamificación, que emprega compoñentes máis lúdicos, ou a clase invertida, na que os contidos se imparten en vídeos que deben ver na casa e deixa o tempo das clases para a práctica e resolver dúbidas. Pero a cambio teñen moita máis experiencia e foron quen de atopar o seu propio método.

¿Qué cosas le han enseñado sus alumnos? Non deixas de sorprenderte coas respostas que dan. Tamén co seu nivel de xustiza e de compañeirismo. Moitas veces quedas coa boca aberta vendo como resolven eles mesmos un conflito. E dis para ti: eu non sabería facelo mellor.

GONZALO BARRAL

«Son capaces de aprender se ti estás atento a eles»

Marcado polo seu mestre de sociais da EXB, Javier García quixo xa en oitavo ser o instrumento que cambie a vida dos rapaces. Por iso o colexio que dirixe, o CEIP Viñagrande, en Deiro (Vilanova de Arousa), é un centro de referencia en Galicia sobre as novas didácticas. Aínda así, a Javier non lle chega, e dóelle non poder terse formado mellor.

¿Es la enseñanza lo que se había imaginado? Non sabía de toda a complexidade da escola. Ser mestre é estar sempre en formación e, como eu vivo a docencia, non consigo estar ao día.

¿Qué es lo que más le gusta, y lo que menos, de su trabajo? O que máis me gusta é idear propostas para que os nenos aprendan, e mellor se de paso sensibilizan á sociedade (sobre o medio ambiente, a violencia sobre a muller, a alimentación saudable...). O que menos, tal vez sentirme atafegado por non ser quen de atender as cousas que nos obrigan a abordar dende a escola (a diversidade na aula, as TIC, as novas didácticas...).

¿Qué le falta, o sobra, a la educación? O centro necesita máis autonomía, porque temos que tunear a norma para facer cousas. E gustaríame que nos colexios houbese unha persoa liberada que fose o formador do colexio, que coñeza o que se está a facer por fóra, que deseñe o camiño e axude os mestres. E tamén me gustaría que os profesores fósemos capaces de entender a nosa responsabilidade: temos que ser exemplificativos, non só na clase, senón na nosa relación co medio ambiente, na nosa forma de falar, de comportarnos... Ser exemplo en todo.

¿Se siente diferente a sus compañeros de otra generación? Teño traballado nos meus inicios con xente a punto de xubilarse que me aprendeu moitísimo, aínda que tamén encontrei a moitos que non é que teñan medo aos cambios, senón a ser cambiados. Da xente moza, sorpréndeme o pendentes que están dos seus dereitos, pero menos dos seus deberes.

¿Qué cosas le han enseñado sus alumnos? Como son capaces de aprender se ti estás atento. Hai uns anos, andaba eu estresado e tiña unha rapaza que non ía ben, e díxome: «É que agora berras moito, profe!». Tiña razón e deime conta. O resto do ano eu cambiei e a rapaza mellorou moitísimo.

ROI FERNANDEZ

«Lo que te sirvió el año pasado este no te vale»

María Jesús Casado es profesora de Matemáticas en el instituto Daviña Rey, de Monforte. No lo tiene fácil, porque su materia es complicada, pero desde el primer día intenta acercarse a sus alumnos: «Es una relación muy interesante, con lo malo de la adolescencia, pero también con todo lo bueno que supone estar siempre con gente joven».

¿Es la enseñanza lo que se había imaginado? No me he llevado ninguna sorpresa. He evolucionado en metodología y en tecnología, pero la relación humana sigue siendo lo más importante y eso es como yo me esperaba.

¿Qué es lo que más le gusta, y lo que menos, de su trabajo? Lo que más me gusta es ver cómo acaban valiéndose por sí mismos y pensar que tú has tenido algo que ver, aunque sea un poquito. Me encanta su cara de felicidad cuando descubren algo por ellos mismos, aunque tú les hayas ayudado algo. Lo que no me gusta es que te juzguen antes de tiempo, aunque eso es algo que también hacemos los adultos, pero, en el caso de los alumnos, a veces no se dan cuenta de que el camino es largo. Quieren tener resultados inmediatos, es normal en esta época, y no tienen paciencia. Yo les digo: «¡Ya vendrá!, !no decaigas!».

¿Qué le falta, o sobra, a la educación? Nunca he pensado mucho en eso. Sí me gustaría que el currículo fuese menos denso, claro, pero no tengo una lista de cosas que cambiaría.

¿Se siente diferente a sus compañeros de otra generación? Sí hay mucha diferencia entre nosotros, que llevamos años, y los nuevos. Los que empezamos hace tiempo hemos tenido que pelear por los medios que tenemos ahora, casi no teníamos nada. Ahora, en cambio, hay ordenadores, impresoras 3D, pizarras digitales... y parece que los nuevos no lo valoran.

¿Qué cosas le han enseñado sus alumnos? Muchas cosas. Por ejemplo, a tener paciencia, como ellos, pero al revés. Los niños cambian, y aquel que comenzó el curso fatal puede acabarlo bien si tienes paciencia y te ganas su confianza. Y otra cosa que siempre me sorprende es que cada clase es distinta, tienes que estar atenta para contactar con ellos, porque lo que te sirvió el año pasado este igual no te vale.