«É preciso un modelo educativo que aproveite ben a tecnoloxía no ensino»

Verificó cómo parte del profesorado y del alumnado no usan bien los recursos digitales

.

santiago / LA VOZ

Una investigación sobre la competencia digital en dos centros de primaria de la comarca de Santiago le valió a Almudena Alonso el primer premio de la Red Universitaria de Tecnología Educativa. Trabajó orientada por Adriana Gewerc, profesora de Ciencias da Educación, en el grupo Stellae. «O obxectivo era comprender e coñecer como se usa a tecnoloxía no ensino e como se desenvolve a competencia dixital. Comprobamos que o proxecto Abalar supón unha política tecnolóxica, non educativa. Os centros teñen ordenadores, encerados dixitais e outras ferramentas; porén, é preciso un modelo educativo que aproveite ben esa tecnoloxía no ensino; o estudo comproba que non todos os centros están preparados para o uso deses recursos, e moitas veces os ordenadores valen para facer o mesmo que antes, seguen unha pedagoxía tradicional, só que incorporando a tecnoloxía, sen a potencialidade e o incremento da experiencia didáctica que se esperaba desa tecnoloxía», sostiene Almudena Alonso.

Es así, explica, porque el profesorado se encuentra solo: «O que máis reclaman é acompañamento, formación nas oportunidades que se abren para facer outro tipo de pedagoxía. Porque hai lóxicas da escola e da tecnoloxía que entran en conflito, ou que resultan complicadas para aplicar por un docente con 25 escolares nunha sala de aula onde se lle deixa esa tecnoloxía sen esclarecer como facer un uso didáctico adecuado da mesma».

Una muestra es el libro digital, que comenzó en algunos centros en quinto y sexto de primaria «como unha continuación de Abalar, e que só poden pedir os centros do programa Abalar. É unha política que segue a mesma liña de favorecer a dotación tecnolóxica, sen un modelo pedagóxico detrás», insiste.

Almudena defiende que, además de dotar la tecnología, se forme para que los colegios aprovechen el potencial de esos equipos para desarrollar experiencias pedagógicas diferentes, más ricas. «Non todo o profesorado sabe aproveitar as oportunidades que ofrecen eses novos recursos. O mellor é facer unha mestura de recursos en función das necesidades do momento, sabendo para que se quere cada recurso, cando se quere e por que. Para iso hai que fomentar entre o profesorado a práctica. Porque xa hai bastante dotación de tecnoloxías educativas na maioría dos centros e a cuestión é que se use ben. Parece que é un imperativo social que haxa esa tecnoloxía, e o importante é entender que necesidades educativas vai cubrir, aproveitar as oportunidades desas ferramentas e recursos para enriquecer a práctica e a experiencia educativa», enfatiza.

Alonso cuestiona asimismo el concepto de «nativos digitales» que se aplica al alumnado. «Ese é un mito moi perigoso, porque dá por feitas cousas. Hai docentes que asumen a natividade dixital como unha realidade e así non ensinan asuntos por pensar que o alumnado está formado neles. É certo que hai unha maioría de escolares con habilidades no manexo de tecnoloxías, e por iso a escola ten que incidir sobre como utilizar os contidos dixitais de forma segura e crítica, tendo en conta as súas vantaxes e os riscos. A escola é fundamental para iso e para facer xustiza social, entre escolares que teñen moitos recursos e apoio social e cultural e os que non».

Almudena comprobó que Internet se usa, sobre todo, para buscar información simple, no para construir conocimiento propio a partir de esa información. Se favorece el copiar y pegar, en vez de un nivel más avanzado. «Non é o mesmo manexar un celular ou saber enviar unha mensaxe por whatsApp que ter un comportamento apropiado na rede, que é máis complexo e tamén o hai que aprender», afirma.

Investigadora. Almudena Alonso trabajó del 2012 al 2016 en Ciencias da Educación con becas de formación de profesorado universitario y de la Fundación Barrié.

Premio. Su tesis doctoral ganó el primer premio, de ámbito estatal, de la Red Universitaria de Tecnología Educativa.

Votación
0 votos
Comentarios

«É preciso un modelo educativo que aproveite ben a tecnoloxía no ensino»