O IES Xoán Montes acollerá mañá a primeira fase da Olimpiada Matemática de segundo da ESO

Organiza o certame a Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática


Lugo / La Voz

O IES Xoán Montes acollerá mañá, a partir das 10.30 horas, a primeira fase da décimo sexta Olimpiada Matemática de segundo da ESO. O certame será organizado pola Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (Agapema), que esta semana organizará dúas iniciativas dirixidas a "estimular a reflexión e a creatividade na resolución de problemas de matemáticas", e nas que participarán centros educativos de toda a provincia de Lugo, como sinala o delegado en Lugo do colectivo docente, Manuel Vilariño Freire. De forma paralela haberá actividades similares noutras cidades galegas. O venres 25, ás 10.30 horas no Círculo das Artes, terá lugar o décimo cuarto Rembumbio Matemático de sexto de primaria. As actividades terán continuidade nas fases finais que se celebrarán en Vigo (olimpiada) e A Coruña (rebumbio).

Newsletter Educación

Recibe todas las semanas la información más relevante sobre educación

Votación
0 votos

O IES Xoán Montes acollerá mañá a primeira fase da Olimpiada Matemática de segundo da ESO