A Universidade de Oxford celebra varias actividades sobre o galego ao longo deste mes

la voz

A Universidade de Oxford celebrará ao longo deste mes varias actividades relacionadas coa cultura galega. O Centro de Estudos Galegos da institución educativa británica programou tres encontros con escritores, o primeiro dos cales se celebra hoxe, coa presenza de Diego Ameixeiras, creador do detective Horacio Dopico. O seguinte convidado é o fundador do Centro de Estudos Galegos oxoniense, John Rutherford, quen falará da novela sobre o Camiño de Santiago que escribiu en galego, As frechas de ouro; a súa sesión será o día 15. Pechará os encontros Xesús Fraga, escritor e xornalista de La Voz, para falar do seu libro A-Z.

Ademais, celebrarase un obradoiro de instrumentos da tradición musical galega, dende a gaita ata o tamboril, a cargo de Manolo Panforreteiro, do grupo Kibitka.

Newsletter Educación

Recibe todas las semanas la información más relevante sobre educación

Votación
1 votos

A Universidade de Oxford celebra varias actividades sobre o galego ao longo deste mes