O tradutor de galego na Rede da Universidade procesa 150.000 textos cada mes

La Voz LA VOZ | PONTEVEDRA

EDUCACIÓN

13 ene 2007 . Actualizado a las 06:00 h.

Dende a súa posta en funcionamento en novembro do 2005 o tradutor de galego en liña Opentrad (http://sli.uvigo.es/tradutor/) foi incrementando o número de usuarios ata alcanzar actualmente unha media de 150.000 textos, 50.000 páxinas web e 5.000 documentos por mes. A ferramenta, de carácter gratuíto, que se inclúe nos recursos en internet ofrecidos no sitio do Seminario de Lingüística Informática da Universidade, xunto ao corrector de galego ou o dicionario de inglés-galego, permite obter de xeito automático a traslación do galego ao castelán e á inversa tanto de composicións illadas como de ficheiros, independentemente da súa extensión, e, mesmo, navegar na rede en tempo real cambiando a lingua. O sistema Opentrad, desenvolvido pola Universidade, foi adaptado polo Grupo Voz para que os lectores de La Voz de Galicia puidesen acceder en galego á edición dixital do xornal.