Os empregados do BBVA en Galicia sairán á rúa o mércores contra o ERE

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

ECONOMÍA

Oficina del BBVA
Oficina del BBVA PEPA LOSADA

No resto do país concéntranse hoxe

17 may 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

As organizacións sindicais CC.OO., UGT e ACB convocaron hoxe de novo concentracións contra o expediente de regulación de emprego (ERE) polo que a entidade financeira prescindirá de 3.448 traballadores. No caso de Galicia e debido a que hoxe é día festivo, as protestas serán o mércores diante das sedes en Vigo, A Coruña, Lugo e Ourense.

Os sindicatos denuncian que o BBVA non mudou a súa posición dende o comezo da negociación e advirten que o banco pode aplicar unilateralmente e sen acordo o despedimento colectivo. Á espera de que «movan ficha», as organizacións sindicais prepararon un calendario de mobilizacións como medio de presión na negociación. As protestas comezaron o pasado día 10 cunha concentración en 15 cidades do país, secundada por unhas 6.000 persoas, que hoxe, ás seis da tarde, volverá a repetirse. «Ou avanzamos, ou o conflito está servido», din os sindicatos.