A flota esixe celeridade a Madrid na concesión das axudas polo paro


O 31 de xullo, parte da flota española tivo que abandonar o caladoiro de Mauritania porque finalmente Nuakchot venceu o pulso que mantiña con Bruxelas pola data de vixencia do convenio. Os buques marisqueiros, que entraron a traballar máis tarde, cando se flexibilizaron as condicións de pesca, teñen ata mediados de decembro para seguir operando en augas dese país africano. Pero os que levaban dous anos faenando alí, caso dos merluceiros e palangreiros galegos, tiveron que poñer proa cara a Galicia e amarrar por falta de caladoiros alternativos. O Goberno comprometeuse a tramitar as indemnizacións previstas polo FEP (Fondo Europeo de Pesca) para compensar a paralización temporal, pero xa transcurriron case dous meses e aínda non se sabe nada desa orde de axudas. Por iso, a patronal Cepesca enviou un escrito ao secretario xeral de Pesca, Andrés Hermida, pedíndolle celeridade á hora de publicar esa resolución que mitigará o impacto de varios barcos que permanecen amarrados en peiraos galegos e vascos por falta de augas nas que pescar.

Así mesmo, Cepesca solicitoulle a Hermida que lle dea a máxima prioridade ás negociacións con Mauritania para que sexa posible conseguir a volta de toda a flota, incluída a cefalopodeira, xa na próxima rolda de negociacións, que será en Bruxelas o 9 e 10 de outubro.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

A flota esixe celeridade a Madrid na concesión das axudas polo paro