«Todos os polígonos industriais galegos estarán conectados por fibra óptica no ano que vén»

La Voz

ECONOMÍA

06 ene 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

Industria acaba de ampliar un mes o prazo para que a polémica mina de Serrabal presente as súas alegacións medio ambientais.

-É moi difícil quitar unha concesión deste tipo. Ademais, eu espero que a mina siga, porque a parte da explotación en si mesma está condicionado outro proxecto en Sabón para facer unhas placas solares moi puras e moi competitivas que non estamos dispostos a perder. Polo tanto, trátase de non poñerlle demasiados problemas ao empresario, pero facéndolle ver que o AVE é unha prioridade para este Goberno.

-Na Toja xa hai una solución, para Fene aínda non.

-Na Toja xa temos unha alternativa, coa instalación dun outlet , e a min gustaríame que a outra posibilidade, do sector metalúrxico, tamén saíra adiante. No tema de Fene, esperamos que a SEPI mova ficha, despois de rexeitar a nosa proposta. Levan anos con boas palabras e de momento, na baía de Cádiz, acaban de meter 1.000 millóns de euros. Iso si que é un plan industrial, e non o que están facendo aquí.

-Remite tamén o temporal de Reganosa.

-A miña é a única consellería que non lle deu un permiso, e agora parece que a planta púxena eu. O que pasa é que si estou a favor, asúmoo, aínda que no meu partido e nunha parte do electorado teña un custe. ¿Que íamos facer, pechar una empresa con 60.000 millóns de investimento?

-Estamos á cola en I+D.

-Estábamos. O salto foi espectacular, tanto en recursos coma en centros tecnolóxicos e de excelencia. Pero isto non é de hoxe para mañá. Dará froitos a oito anos.

-¿Cómo é posible que se faga un polígono industrial novo sen ADSL?

-Iso xa está previsto. Hai un plan para que todos os polígonos galegos estean conectados por fibra óptica o ano que vén. Aínda así, temos un problema de solo industrial. Estase poñendo moito en marcha, pero hai sitios onde aínda necesitamos moito máis.