González asegura que Galicia é unha comunidade clave para o BBVA

La Voz LA VOZ | REDACCIÓN

ECONOMÍA

29 nov 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

O presidente do BBVA, Francisco González, asegurou onte que Galicia é unha rexión clave para a entidade que dirixe e precisou que este papel reforzarase aínda máis no futuro. González mantivo un encontro na Coruña con directivos do banco e destacou o forte impulso da inversión en territorio galego, un repunte que ascendeu o 19%, cunha cifra total de 6.079 millóns de euros. O BBVA conta con 214 oficinas e 1.312 empregados na comunidade.