Na memoria de Andrés Lareu Lorenzo

La Voz LALÍN / LA VOZ

VILA DE CRUCES

Non hai verbas para expresar a dor pola perda dun fillo, dun compañeiro, dun amigo. Nestes momentos e nestes días tan dífiles a familia do mozo de Salgueiros, Andrés Lareu Lorenzo, e a súa familia musical, o grupo Vai Nela de Salgueiros, expresaban o seu agradecemento a todos os que estes días e nos derradeiros dous meses estiveron ao seu carón e se volcaron cun apoio que axuda a reconfortar e que, apunta o pai de Andrés, «vale moito».

Desde o Concello de Vila de Cruces destacaban que «hai persoas que, pola súa maneirade ser, deixan luz por alí onde pasan. Andrés Lareu, Andresiño, foi unha delas». Un mozo, moi vinculado a súa parroquia de Salgueiros, sendo parte fundamental do grupo Vai Nela e do Entroido dos Xenerais da Ulla, moi querido e coñocido, lembran, «pola súa alegría, por estar sempre disposto a axudar aos demais e por esa capacidade súa de facer sentir ben a quen tiña o seu lado».

Para Os Dezas de Moneixas «o corazón pesa un pouco máis» lamentando «a marcha dun compañeiro do mundo da gaita, pero, sobre todo, unha gran persoa das que deixan pegada sen facer ruído, simplemente sendo como son» e do que lembrarán sempre «a súa bondade sinceira, esa manera de estar para os demais sen pedir nada a cambio, a súa risa infinita, contaxiosa, capaz de alegrar calquer ensaio, calquera viaxe, calquera dúa torcido».

A familia espera que o grupo Vai Nela siga adiante, traballando coa mesma paixón, e creen que é tamén o que Andrés houbera querido. Falecía os 29 anos o día 12 despois de loitar dous meses tras un accidente de tráfico sufrido na AP-9 en Abegondo o 16 de xaneiro tras unha granizada. Na Coruña tiña con un socio unha empresa de enerxías renovables e un futuro que se viu truncado demasiado cedo.