Castilla y León
La participación en las elecciones a las 18 horas sube un punto hasta el 52,7 %

A gastronomía kilómetro cero, protagonista en Vila de Cruces

d. c. LALÍN / LA VOZ

VILA DE CRUCES

miguel souto

O municipio presume de producto local con festexos do máis alto nivel como o Galo de Curral ou a Festa do Chourizo

09 ago 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Ademais da Piedade, Vila de Cruces pode presumir de dúas festas gastronómicas cun gran seguimento e tradición como as do Chourizo e, nomeadamente, a do Galo de Curral. Citas multitudinarias que permiten dar a coñecer a gran calidade dos produtos quilómetro cero que atesoura o concello. O galo, simbolo de Vila de Cruces, ten o seu festexo no mes de maio, achegándose nesta edición máis de 5.000 persoas para probar esta delicia cruceña. A música é tamén protagonista da man da gastronomía, con concertos de artistas de recoñecido prestixio como foi o caso de Natalia este ano, ou David Civera fai dous.

O actor e humorista Carlos Blanco, no pregón deste 2025, enxalzou o produto estrela do lugar, namentres os visitantes comprobaban que semellantes agarimos eran certos ao probar unha das centos de racións que se serviron na praza Juan Carlos I.

Antes do Galo de Curral os cruceños quentaron motores coa Festa do Chourizo, celebrada no frío inverno dezá coma un reconstituinte. Centos de persoas acoden ano tras ano para degustar os chourizos á brasa, as filloas á pedra e o viño que de xeito gratuíto se reparte entre os asistentes a outra das citas festivas das que presume Cruces.