O músico viveirense Mateo Gómez Naval gaña o Premio Villa de Aranda ó mellor director de banda

Lucía Rey
lucía rey VIVEIRO / LA VOZ

VILA DE CRUCES

Mateo Gómez Naval, trombonista de Viveiro
Mateo Gómez Naval, trombonista de Viveiro CEDIDA

Dirixe a Banda Artística de Merza, a máis antiga de Galicia, que tamén logrou o primeiro premio en Aranda de Duero

11 sep 2024 . Actualizado a las 18:44 h.

O trombonista viveirense Mateo Gómez Naval está de noraboa por partida dobre. Por un lado, acaba de ser nomeado Mellor director no certame Villa de Aranda; e por outro, a banda que dirixe desde hai cinco anos, a Banda Artística de Merza, de Vila de Cruces, e a máis antiga de Galicia (foi fundada no 1828 e leva tocando ininterrumpidamente desde aquela), vén de resultar gañadora no citado concurso, celebrado na cidade burgalesa de Aranda de Duero. «Síntome moi contento. Era un concurso complicado, que dura dous meses, e para moitos integrantes da banda era o primeiro», resalta Gómez Naval, que imparte clase de trombón no Conservatorio de Música Profesional de Viveiro e na Escola de Música de Burela. 

Banda Artística de Merza, da que é director Mateo Gómez Naval
Banda Artística de Merza, da que é director Mateo Gómez Naval

Epicentro da música de banda

Forman parte da Banda Artística da Merza máis de oitenta músicos de idades moi variadas. «O maior ten máis de setenta anos. A zona do Deza é o epicentro da música de banda de Galicia. En Vila de Cruces tamén está a Unión Musical Ponteledesma, e hai bandas en Silleda, en Lalín, Teo, Negreira, Agolada...», resalta. No concurso en Aranda tiveron que ofrecer unha hora de concerto con dúas obras obrigadas e outra parte de programa libre.

En opinión de Gómez Naval, «os políticos deberían darse conta de que non todo é deporte, senón que a música dá moi bos resultados» á sociedade.