Tristeza
Lupe Pampín non esconde a súa tristeza polo peche da asociación coa que se conseguiu unir ao tecido empresarial. «Penso que a colaboración e a comunicación que conseguimos nestes anos co funcionamento da asociación foi o máis positivo. O certo é que non estabas soa, tiñamos un grupo para relacionarnos e intercambiar opinións, agora xa non teremos esa opción», lamenta a presidenta de Apec. No aspecto máis negativo do decorrer asociativo están algúns malos momentos vividos. «Certas críticas que sempre xorden, que non gustan, pero que son inevitables, pero en xeral foi un traballo gratificante», remacha Lupe Pampín.
Queda agora esperar a que, dentro dun tempo e o máis cedo posible, algún empresario ou comerciante do municipio aposte por darlle continuidade á asociación.