Carta aberta ao presidente da Federación Galega de Caza

Sinesio Soto Fernández

VILA DE CRUCES

13 oct 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

En relación co contencioso administrativo que manteño coas Federacións Galega e Española de Caza, no que reclamo se me coticen as correspondentes tasas á SS dos periodos traballados no pasado, quero manifestarlle o seguinte:

No ano 1983., a raíz de causar baixa a administrativa, Dna Isabel Morogoso, na sede da Federación Provincial de Caza, comencei a traballlar como administrativo na mesma en horario de 4 a 8 ,en xornada de luns a venres e perante os meses de setembro e outubro en xornada completa, polo que percibía unha remuneración de 10.000. pts e polos meses de setembro e octubro un complemento de 100.000. pts. Esta situación mantivose ata mediados do 1.985.  Eran directivos da referida Federaciom provincial de Caza: Miguel Angel Sandoval Pérez, José Vilas Simal, Sebastian Juncal Curras, José Antonio Padín Rodriguez, Pepe Rial López, Manuel Fontán Rivas, Firvida, etc

 En setembro do 1987 e despois de terse constituido a Federación Autonómica de Caza, da que son membro fundador, de novo, fïxenme cargo da parte administraltiva de referida Federación de Caza de Pontevedra, en horario de 9 a 13 horas e de 16 a 20, pola que percibia unha remuneración de 55.000. pts, sen outros dereitos, unha vez que as posibilidades económicas eran escasas. Nun principio estivemos instaladas nas oficinas de Comoca S.A. na rúa Andrés Muruais número 9 , propiedade dos Irmans Pichel Márquez, ata que nos foi devolta a correspondente sede en Michelena, 22.