Unha aventura de 2.000 quilómetros en bici para descubrir as orixes

Rocío Perez Ramos
Rocío Ramos LALÍN / LA VOZ

VILA DE CRUCES

Un cruceño levou a seu fillo a coñecer Metz, o lugar onde naceu, e hoxe saen dende a cidade francesa polo Camiño con destino a Santiago

02 ago 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Cando chega o día das tan ansiadas vacacións, a maioría de nos adoita por saír pintando cara algún lugar, moitas veces largamente desexado ao longo dos derradeiros meses. O cruceño Manuel López Alonso, Chapi, e seu fillo Breogán López Rey, de 17 anos, no teñen esas dúbidas de praia ou montaña, o seu é subirse a bici e facer quilómetros xuntos. Este ano acaban de embarcar nunha aventura moi especial. O sábado colleron un vó a Luxemburgo. Alí os agardaba á familia e de alí marcharon a Metz, a cidade francesa onde naceu Chapi e que quería que o seu fillo coñecera. Hoxe teñen previsto emprender dende Metz o camiño de volta en bicicleta atravesando máis de 2.000 quilómetros ata chegar a Compostela. Calculan facer 100 ao día, pero «isto non é unha carreira», aquí o que vale son as experiencias e gozar do Camiño, explica Chapi.

No papel os cálculos serían de 20 a 25 días de viaxe, pero saben que a cousa pode complicarse e sempre poden xurdir imprevistos, sen contar cos atrancos que poden conlevar as restricións do covid en cada territorio polo que pasen. «Eu estou vacinado, pero el non, si vemos que nalgún sitio se nos pon moi complicado entrar nun aloxamento mercamos unha tenda desas dun quilo, un par de sacos, e para adiante».

Esta é unha viaxe que Manuel López xa tiña na cabeza fai tempo para percorrer con Breaogán «a ruta que fixen tantas veces en coche con meus pais. Lembro un R-4 e meu pai conducindo practicamente seguido, un día completo, 24 horas, ¡e polas estradas que había entonces!, sen calefacción, sen refrixeración e parando os poucos para botarlle auga o motor porque se quentaba... unha aventura. Agora apetecíame facelo de novo, máis relaxado».