«Serei bombeiro ata o xuízo final, tiven a sorte de facer o que me gusta»

Rocío Perez Ramos
Rocío Ramos LALÍN / LA VOZ

VILA DE CRUCES

Miguel Souto

Carlos Santos hoxe sae da que será a súa derradeira garda empezando a súa xubilación

28 ene 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

O parque intercomarcal de Bombeiros Deza- Tabeirós-Terra de Montes abriu as súas portas fai máis de dúas décadas. Case 22 estivo Carlos Santos Rivadulla traballando nel de bombeiro. Onte foi a súa derradeira garda. Hoxe ás 9.00 horas sae de traballar e porá fin a súa vida laboral para iniciar unha nova etapa, a da xubilación que inicia con 60 anos e xa 43 cotizados á Seguridade Social. Nado na parroquia de Dombodán, en Arzúa, vive en Vila de Cruces onde casou ós 22 anos.

-Costa deixalo, que vai a botar de menos?

-Os compañeiros, sobre todo. Eu son fillo único e aquí atopeime unha segunda familia con momentos bos, e algúns un pouco tensos nalgún momento determinado, como pasa en calquera familia, pero alá onde estean eles, aínda que non sexa fisicamente, estarei eu. Un é bombeiro sempre. Eu deixarei de exercer a profesión pero serei bombeiro ata o día do xuízo final. Tiven a gran sorte de poder traballar no que gustou. Agora tócame outra etapa, pero o principio vaime a custar moito adaptarme.

-Antes de ser bombeiro onde traballou?

-Estiven catro anos en outras tantas campañas de forestal. Son mecánico de profesión e estiven como responsable de taller no da miña muller.

-Como foi o de facerse bombeiro?

-Formei parte de Protección Civil de Vila de Cruces como voluntario ocasional algún fin de semana, porque non me podía permitir o luxo de dedicarlle máis tempo. Eu era voluntario en sábado ou domingo cando había algunha cousa gorda e empezoume a gustar ese tema. Logo estiven catro anos de forestal. O primeiro ano como condutor de camión, o segundo e o terceiro como capataz dunha cuadrilla e o cuarto ano xa era eu o responsable da coordinación dos dous retés que había en Vila de Cruces e facía de capataz. E cando tiña que librar o condutor, porque había un so, conducía eu. Era un traballo que me gustaba, xa me estaba preparando para isto e quería vivir esa experiencia. Foi algo que me valeu de moito. Polo menos para perder ese medo inicial que lle tes a un incendio grande, aínda que non ten nada que ver un forestal con un estrutural pero vaste curtindo.

-No parque se buscaba xente que tamén aportara diferentes perfís profesionais, un deles era o de mecánico

-Si, os que viñan de fora a opositar lles chamaba moito a atención, pero co tempo vin que era importante. En momentos puntuais xogas con vantaxe e es capaz de xenerar iniciativas en determinadas cousas. Nun incendio nunha casa en Noiteboa ou Fin de Año, xa non me lembro, grazas a ter coñecementos de electricidade, puidemos deixar a casa con luz despois dun incendio na campá extractora. Unha vez nunha intervención reparei a fuga de freo nun camión cunha moeda de dez céntimos e unhas ferramentas. Si solucionas o problema, é importante.

-Aínda que agora está de excedencia e traballando de bombeiro en Lugo chegou a traballar co seu fillo uns anos?

-Eu casei moi novo, con 22 anos. Alberto é fillo único pero o non ter tantos anos de diferenza entre el e eu, disfrutei moito con el e todas as vivencias que levamos compartido, iso non hai cartos que o pague. Corremos en rallys, xogamos o fútbol, participamos en carreiras populares, en medias maratóns. A maioría dos pais agora non son pais, son avós.

-En tantos anos que foi o que máis lle impactou?

-Houbo moitos momentos malos. O primeiro accidente gordo do parque foi un accidente en Matalobos dunha familia que ía nun Dyan 6. Meteuse debaixo dun tráiler e morreron os tres. O pasamos moi mal. Lembro moitos. Fun a apagar un lume nun coche, non aparecía un rapaz, fun a meter a man por detrás e toquei o cranio. En Ponte Taboada houbo un choque entre dous vehículos, a culpa non foi do pai, foi do outro, e morreu un neno. Meu fillo tiña daquela 12 anos e estaba comigo un da primeira promoción que tiña un neno de 11 anos, o neno que morreu tiña once anos. A mín. impactoume moitísimo. Unha vez fun a sacar a unha señora a Rodeiro que se cortara as venas e se tirara ao río.... vimos de todo.

-¿A actuación máis rara ou sorprendente?

-Canto tivemos que rescatar un faisán dun carballo, ou ir a sacar un teléfono móbil dun pozo artesán de 14 metros.

-Rescates de animais tamén os houbo curiosos

-Dalgunha vaca. Unha vez atopamos unha vaca nadando no purín e estivemos facendo o John Wayne dúas horas ata que acertamos a pórlle o lazo e puidemos sacala. A min no parque chamábanme cenizo porque sempre eran gardas de moitas intervencións, estiven en case todas as gordas que houbo. Teño anécdotas para escribir un libro.

-Qué se valora máis?

-Eu débome ao contribuínte e a actitude non se negocia. Moitas veces a xente nos recibe a pedradas porque chegas tarde, e por moi rápido que vaia hai unha distancia, pero hai xente que despois de actuar quédalle media casa, e abrazarte dándoche as grazas. A maior satisfacción é ver que podes facer algo pola xente, que podes axudar.

«Agora podereille dedicarlle máis tempo a Dolores e a Esclavitud»

Confesa que «vaime custar adaptarme, pero a ver si o vamos levando» e non sabe si se fará sen traballar. Para el a familia é o primeiro e Carlos Santos e alégralle por seus pais «que son maiores e hai que coidalos». É un home activo e asegura que é un apaixonado do deporte. Relata que «agora podeille dedicar máis tempo a miña paixón que son Dolores e Esclavitud». Elas non son ni a súa muller nin a súa filla nin sequera son humanas. Son os nomes cos que bautizou a súas dúas bicicletas. Dolores e «a bici de estrada e Esclavitud a de montaña». Carlos chega a xubilación nunha envexable forma física currada coa práctica do deporte que xa practicaba todos os días no traballo e que non deixará. Explica que «si a saúde mo permite pretendo reservarlle polo menos tres días a semana e dúas ou tres horas». O tempo libre que gañará agora llo dedicará ao deporte e a familia e a espera de que «meu fillo Alberto e Montse teñan un despiste un día e me fagan avó que xa o vexo un pouco crú». Outra das súas afeccións e a cociña. Di que non se lle da mal e «non me da medo ningún prato». Igual fai unha torta de limón que unhas chulas e dáselle ben «os arroces, as carnes, o arroz e as tortillas». Lle ensinou a súa nai «e con 14, 15 anos empecei a facer cousas simples», conta.