A residencia de Vila de Cruces

Xurxo Guzmán

VILA DE CRUCES

08 sep 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Chamoume moito a atención a nota de prensa sobre o discurso da directora da residencia dos maiores de Vila de Cruces na celebración da festa do San Ramón. No momento pensei: seguro que a prensa interpretou «a súa maneira» as palabras da directora, pois non... sorpresa a miña! cando hoxe pola mañan vexo a carta da directora da residencia ao señor alcalde.

Señora directora estou dacordo con vostede en que o goberno municipal debería de estar representado nesa celebración, posto que os nosos maiores merecen eso e moito máis, pero ao mesmo tempo chámame a atención que este ano estiveran na celebración os representantes dos dous grupos da oposición sabendo que o que suscribe formou parte da corporación municipal durante oito anos e nunca foi convidado a dito evento, digo eu: Que cambiou agora? Señora directora a oposición de agora é mais digna que a anterior?... e o alcalde, agora gústenos ou non, non é o señor Otero e parece que lle costa traballo asimilalo.

O discurso que fixo se o fixera ante a presencia do novo Alcalde estaría perfecto porque o seu traballo e o de velar polos intereses da residencia, pero ao non estar presente, o contido do discurso entroncase nun acto totalmente reivindicativo e político, polo que considero que meteu a pata ata o máis fondo da charca. A súa obriga é a de mostrar ao goberno tódalas necesidades para solventar as deficiencias que haxa na residencia, pero eso faise na Casa do Concello, cousa que vostede non fixo.

Tamén comentaba que non coñecía a concelleira María del Carmen Silva, pois sepa vostede que como funcionaria do Concello de Cruces a súa obriga era a de presentarse ante o novo equipo de goberno e darse a coñecer, posto que o seu soldo sae dos impostos que pagamos tódolos veciños do concello os cales estamos representados gústenos ou non polo novo equipo de goberno.

Non pense vostede que teño nada en contra da súa persoa, posto que nas poucas veces que nos atopamos tratoume con respeto ao igual que creo que eu o fixen coa súa persoa, pero como di o dito popular «cada quen ten que estar no lugar que lle corresponde».