En resposta ao alcalde de Vila de Cruces


Amañá do martes 4 de setembro fun chamada ó Concello para reunirme tanto co alcalde Luis Taboada como coa nova concelleira María del Carmen Silva (a quen aproveitei para saudar e darme a coñecer dado que ninguén nos presentara). O motivo desta reunión improvisada: o malestar sentido pola noticia publicada o luns na prensa.

Quero decir que me sentín amenazada cos comentarios e o tono da reunión. Deixei perfectamente claro que non foi para nada un acto reivindicativo. Deixei perfectamente claro que dende o centro nos sentimos un pouco solos por parte do goberno actual de Vila de Cruces nesta celebración, xa que estaban invitados, tiña confirmada dende venres 30 de agosto a asistencia dunha persoa por parte do equipo de goberno e non veu ninguén.

O discurso centrouse en varias partes: saúdo inicial a todas as persoas que participaron do acto. Recordo especial á nosa compañeira falecida e a persoal que se xubilou no centro. Agradecemento pola asistencia ó bispo Luis Quinteiro, e ós membros presentes da coorporación municipal, a todas as persoas presentes e facendo referencia ó anterior goberno municipal por ter sempre á residencia e ás persoas maiores como una prioridade.

Deixouse claro que a residencia é unha importante obra arquitectónica e social que se fixo no noso Concello. Valorouse que un Concello como Vila de Cruces se pode sentir ben afortunado de dispoñer dun centro de atención para as persoas maiores. E agradecéronse as últimas acometidas efectuadas no centro no pasado ano: Retirar e convertir unas escaleiras de emerxencia en rampa para facilitar a evacuación en caso de incendio e dotar o centro de dúas novas salas para unha mellor atención a maiores e familias. / Iniciar a construcción dun centro polivalente que acollerá na planta superior un Centro de día para persoas dependentes (e así poidan continuar vivindo nos seus domicilios e poidan ser atendidos durante o día neste centro); e na planta baixa un espazo de usos múltiples para actividades de persoas maiores (que se valen por elas mesmas e que son moi activas) onde se poidan facer bailes, actividades, cursos, … e c+partir momentos; unha demanda tan reivindicada pola xente maior do Concello.

A última parte do discurso (que ó non asistir e non confirmar a ausencia o actual rexidor do Concello) tivemos que adaptalo (copio e pego esta parte do discurso):

Luís Taboada, vostede formou parte da construcción deste centro e hoxe é alcalde deste pobo. Este centro precisa da súa colaboración e da colaboración do seu equipo de goberno. A miña labor como directora desta residencia de maiores (ademais de convídalo e agradecer que participe con todos nós dun día de festa) é trasladar a vostede as carencias e as necesidades que van surxindo para intentar acadar o apoio que tivemos dende o anterior goberno. Podemos pedir moitas cousas: pintar o centro, limpar o tellado, colocar un pasillo cuberto que una os dous edificios, romper algún tabique para ampliar alguna zona do centro… pero para non agobiar a prioridade ímola centrar no que nós chamamos «xardín»; e que por falta de accesibilidade non se usa. Primeiro (fai moitos anos) fíxose o edificio central, despois construéuse o local social no que hoxe estamos, e pola parte de atrás o que hai é un montón de terra que no seu momento se aplanou e se lle plantaron unas árbores (pequeniñas) que hai que ver o que medran as árbores tras 14 anos. Este «xardín» queremos convertilo nun xardín xerontolóxico: con rampas e pasillos transitables de acceso. Con barandillas e con riego para manter un céspede ben coidado e darlle o uso que os/as residentes e algún dos familiares que hoxe están presentes demanda. Recordo fai un mes que un fillo dun señor que vive no centro me decía: e que claro, unha vez que das dous paseos polo patio, recorres tres veces os pasillos é como se xa non tiveras mais nada que facer... e claro ese xardín de atrás meu pai non pode camiñar por el porque non é liso e cae

Luís, este xardín estaba proxectado de facerse como seguinte obra a levar a cabo no centro; a vostede e ó seu equipo de goberno encomento esta labor… así como tamén lle pido que remate a construcción do centro polivalente (ubicado nas vellas escolas dos profesores, ó ladiño do parque, en paralelo a esta residencia) tendo en conta o importante envellecemento poboacional que estamos vivindo no Concello, que non esqueza este centro tan demandano polos maiores e tan necesario para este municipio; a fin de evitar que os “maiores xóvenes, os non dependentes, os vellos que están moi activos” teñan que facer uso de Concellos limítrofes para das cobertura a esta necesidade lúdica e de esparcimento social. Agradecer dende a dirección da residencia ó Concello a retirada da maleza do xardín durante este mes pasado; a financiación do hinchable e a actuación musical de Marietta. Moitas grazas Luis por acompañarnos.

Pon a prensa: «El regidor se mostró molesto por las peticiones de la directora del centro en su discurso al entender que “tivo 14 anos para pedir melloras e non o fixo”. El alcalde cruceño insiste en que trabajará a favor de los ancianos pero recomienda a la responsable del asilo que “se se quere dedicar á política que deixe o seu posto”».

Tras o exposto a miña resposta ó señor Taboada é a seguinte: Eu empecei a traballar neste Concello fai 17 anos. A primeira vez que entrei na residencia non tiña nin falso teito colocado. Víanse as acometidas de fontanería e electricidade colgando polo pasillo. Tampouco existía o patio, nin o local social nin a lavandería. Todo iso foron obras posteriores que si se foron pedindo coa elaboración de proxectos técnicos que se presentaron a distintos organismos autonómicos e europeos para acadar financiación e facer realidade esta residencia. Eu non lle vou a facer ninguna recomendación, vostede voluntariamente decidíu adicarse á política. So lle vou a pedir que manteña o respeto institucional que debe ter á dirección da residencia igual que eu vou a manter o respeto institucional ó cargo que vostede ocupa. Aclárolle que non teño intención ningunha de adicarme á política. De momento. E de facelo vai ser porque eu queira non porque vostede mo recomende. De todas as opinión que manifestou á prensa me vou a quedar con «que trabajará a favor de los ancianos». E teña claro que dende a dirección continuarei solicitando todo aquelo que as persoas maiores do centro precisen. E buscaranse todos os medios posibles para acadalo, pero non dende a parte amenazante de vostede me transmiteo, senón dende a parte técnica como traballadora e veciña, respaldada pola formación e polos anos de traballo xerontolóxico.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

En resposta ao alcalde de Vila de Cruces