Venres con sorpresa, nos establecementos cruceños


A Asociación de Pequenos Empresarios de Vila de Cruces (Apec) programou para mañán 2 de agosto unha nova actividade de dinamización dos establecementos da vila co denominado Venres con sorpresa. Iniciativa promocional e de fidelización da clientela que comezará ás 17 horas e se manterá ata as 22 horas. Cinco horas nas que veciños e visitantes poderán disfrutar dun montón de agasallos e de actividades varias, como hinchables e xogos para público máis infantil que se emprazarán en céntricas prazas do pobo. Por outra banda co gallo desta xornada especial haberá amenización musical polas rúas, e todos os establecementos que participen neste Venres con sorpresa contarán cun distintivo común que será unha decoración a base de globos brancos. Tendas que ofrecerán sorpresas por cada compra realizada e levarase a cabo tamén un sorteo de vales de compra entre todos os clientes que merquen no comercio adherido á promoción. Sortearase un vale por importe de 100 euros, catro vales de 50 euros e sete por importe de 20 euros. Unha actividade de Apec na que colabora o concello.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Venres con sorpresa, nos establecementos cruceños