Os zocos das Ferro, por primeira vez na Feira de Artesanía de Viveiro

Trinta artesáns participarán no certame que se organizará nos xardíns do 9 ao 18 de agosto


viveiro / la voz

Os zocos de Elena Ferro, a recoñecida artesá de Vila de Cruces (Pontevedra), serán unha das novidades da trixésimo sexta Feira de Artesanía de Viveiro, que se celebrará nos xardíns Noriega Varela do 9 ao 18 de agosto. A cita foi presentada este mércores no Concello por dúas directivas da asociación PROA, Noela Feal (presidenta) e Paula Dimé; ademais da alcaldesa, María Loureiro, e a concelleira de Cultura, Lara Fernández. Trinta artesáns mostrarán e porán á venda traballos en coiro, cerámica, ferro, cristal, téxtil ou madeira, entre outros, nun certame no que haberá numerosas actividades e obradoiros. Lucas Requejo, de Ultra alimento, guiará unha o mércores 14, mentres que o xoves 15 David Catá fará un estudo de pintura ao aire libre. Ademais, o 16 pola tarde haberá unha demostración de bonecos. A organización agradece todas as achegas de Concello e Deputación.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

Os zocos das Ferro, por primeira vez na Feira de Artesanía de Viveiro