José Gorís e Galego en Londres, premios Boina de Ouro e Boina Simpatía do IES Marco do Camballón

La Voz

VILA DE CRUCES

O centro convoca o Proxecto FIFA para o día 15

13 abr 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

O xurado do concurso de fotografía Premios Boina de Ouro que creados polo Clube da Lingua do IES Marco do Camballón baixo o lema de Modernízate, pon boina, acaba de fallar concedendo o Boina de Ouro 2016 a José Goris, fotografo da Bandeira tras valorar calidade, orixinalidade, creatividade e valor sociocultural da imaxe. O premio Boina da Simpatía recae no colectivo Galego en Londres que aportou ó concurso 16 fotos sendo premiada a dunha rapaza brincando, Sara Mota, o responde as pretensión de impulsar a imaxe da boina con humor e simpatía, de maneira informal a través das redes.

Os ganadores reciben unha boina elaborada por Sandra Vilas, artesá que comezou a manufacturar a súa Boina Galega a partir da iniciativa surxida en Cruces.

O xurado conformárono Elena Ferro, a zoqueira de Merza; Celso, de Fotografía Bernabé; Olaia Vázquez, alumna da Escola de Arte e Deseño Mestre Mateo; e, Vicente Amosa, María Seijo, e Séchu Sende, do Clube da Lingua do IES Marco do Camballón,

Segundo explican no Clube da Lingua, non se trata dun premio competitivo, «máis ben é unha motivación para activar un proceso de colaboración entre moita axente e impulsar de forma cooperativa a imaxe da boina nas redes sociais».

Estes premios buscan por de moda este accesorio tradicional galego e promover o uso do galego nas reses identificando o idioma coas últimas tendencias, a vangarda da moda e da fotografía.

Proxecto FIFA en galego-portugués, o día 15

O Clube da Lingua do Marco do Camballón é hiperactivo. Multiplica iniciativas e actividade. Onte anunciou que este día 15 de 16.00 a 20.00 horas programa un campionato de FIFA 15 en XBox en portugués no propio IES.

O profesorado e o alumnado preparou un torneo programando equipas galegas femininas e masculinas de diferentes categorías desde o Celta ou o Ourense ate a equipa feminina de Vila de Cruces, Cruces FSF.

Os obxectivos que persegue la iniciativa e «visibilizar que a nosa lingua é internacional, que temos á nosa disposición, na forma galego-portuguesa, calquera dispositivo electrónico, informático, da rede social, etc, pois o noso idioma, na súa proxección internacional é unha das cinco linguas máis faladas do planeta». Tamén pretenden con este xogo «promocionar valores de igualdade de xénero, promovendo unha participación igualitaria, non discriminatoria».

Un obxectivo máis apunta a «promover e valorizar o deporte galego e os equipos de fútbol galegos, masculinos e femininos, de todas as categorías». «Canto máis galego sabemos mais portugués sabemos. E viceversa», din os organizadores destacando a conexión que facilita con 200 millóns de falantes de portugués.