A puxanza económica mineira impulsou abrir salas en Cruces

A explotación do volframio serviu de motor e o municipio contou ata con media ducia de cines

El Cine Fontao logo de ser rehabilitado pola Xunta.
El Cine Fontao logo de ser rehabilitado pola Xunta.

Pasaran xa mais de vinte anos desde que comezara a funcionar en Lalín o primeiro cine na comarca de Deza e tamén a guerra do 36 cando coa chegada da puxanza económica que supuxo a explotación do volframio en Fontao (As Cruces) chegaría tamén a apertura de cines en Silleda e Bandeira referidas no reportaxe anterior e tamén nos do municipio de Vila de Cruces, onde cegaron a contarse media ducia de cines en Fontao, Merza e tamén na capital municipal.

O Cine Mary de Vila de Cruces

O pioneiro dos cines do municipio de As Cruces sería o Cine Mary, que comezaba a funcionar naquela vila podente e ben comunicada que lle levara a capitalidade a Carbia, e que celebraba feiras concorridas e aproveitábase da bonanza económica que supoñía a explotación do volframio en Fontao por eses anos. O proxecto da sala de cine de Vila de Cruces que se instalou nun edificio propio preto do centro da vila e campo da feira comezouno no ano 1944 o xa mencionado arquitecto Emilio Quiroga no estilo racionalista imperante nas salas de cine daquela, e cinco anos despois remataban as obras. Tiña un aforo capaz para case 300 espectadores en dúas plantas e o seu primeiro propietario sería Dignatario Cerdeiras Señoráns -ao parecer contou con varios socios da vila- que lle puxo o nome dunha súa sobriña e pasado un tempo procedería a súa venda a favor de Evaristo Pampín Navaza no ano 1958. Funcionaba domingos, festivos e feiras ofrecendo tres funcións diarias e tamén como sala de festas con animados bailes de cando en cando e mesmo algunha representación teatral segundo me refire o descendente do propietario, Javier Pampín. O Cine Mary pecharía definitivamente cara o 1980 e logo duns anos ameazado pola ruína acabaría sendo derrubado en 2013. Do cine só queda o nome que con acerto se dou a rúa onde estivo funcionando moitos anos.

Tres salas en Fontao e Merza na época dourada do «wolfram»

Como xa indicamos os cines de Silleda, A Bandeira e Vila de Cruces aproveitaron nos seu comezo os anos dourados da explotación mineira de Fontao, pouco tardaría esta parroquia e a súa veciña de Merza, ámbalas dúas de As Cruces, en contar cos seus propios cines. Fontao era nos anos da posguerra o maior núcleo de poboación da comarca con centos de traballadores e as súas familias, presos da guerra, gardas, buscadores de fortuna, negociantes de todo tipo polo que a afluencia de público estaba asegurada. Unha parroquia con menos de un cento de veciños chegaría a ter naqueles anos case tres mil habitantes.

Hai referencias e mesmo están documentados dous cines en Fontao aínda que non falta quen asegure que foron tres, se cadra porque algún deles funcionou pouco tempo e mesmo poderían ser ambulantes funcionando en barracóns ou tabernas.

No ano 1954 a empresa explotadora das minas de volframio de A Vrea, Minas de Silleda S.,A., constrúe un notable edificio para cine, sala de festas e outros espectáculos que logo de anos de ruína volvería a ser rehabilitado agora para auditorio e que pode verse na zona residencial do complexo mineiro onde tamén se cubican as vivendas, a escola, a capela, campo de fútbol e outras instalacións, con proxectos dos arquitectos Cesar Cort Gómez Tortosa e José J. Basilio Bas. O cine Minas de Fontao que os paisanos coñecían coma «o da Compañía» funcionaba neste edificio «racionalista» que contaba cun proxector Ossa 60 e excelentes instalacións, nas que non faltaban ambigú, escenario, camerinos, servizo, tendas e mesmo perruquería inaugurábase en xullo de 1959, enchéndose o aforo de 354 prazas todas con asento insuficientes para o xentío que se congregou xa que aínda por riba era de balde. A explotación corría a cargo de Maximino Rodríguez Moureza e funcionaba os domingos, luns e festivos.

Hai documentación de que no ano 1961 María Montoto Taboada solicitaba permiso para un cine en Fontao coa denominación de O Castañal, adaptando un local próximo ao poboado mineiro.. Quizais xa viñese funcionando desde tempos atrás, xa que un ano despois a maquinaria deste cine ía para o cine que en O Corpiño comezaba a funcionar agora a nome de Perfecto Montoto Taboada e que contaba con edificio propio preto do célebre santuario mariano daquela parroquia lalinense.

Dun terceiro cine que funcionou en Fontao coa denominación de «o do Negro», quizais apelido do seu dono ou operador, só temos vagas referencias, xa que debeu funcionar pouco tempo nalgunhas sala improvisada e do que xa nin os mais vellos se lembran.

Non lonxe de Fontao, na veciña parroquia de Merza, que daquela era unha pequena e puxante vila tamén beneficiada polas explotacións m mineiras de A Vrea houbo sala. O cine era coñecido polo de «Carlos Salgueiro» e parece que quen o levaba no ano 1962 era José Otero, alcumado «Pepiño dos Pinos», razón pola que a sala era coñecida coma «Cine dos Oteros», segundo recorda o amigo Quico Viz, nativo de Merza. Botou catro anos poñendo películas algunhas coma La fiel infantería (1959) , Cantinflas sube y baja (1958) ou Fray Escoba (1964), que enchían o cine con capacidade para 200 espectadores que pagaban daquela 3 pesetas de entrada única funcionando os xoves, domingos e festivo. O pequeno edificio que albergaba o cine quedou para garaxe e na actualidade resulta irrecoñecible ao ser ampliado. Sábese que na casa de Viz que tiña comercio poñía películas un cine ambulante a finais dos 50 antes de inaugurarse o dos Oteros segundo nos refíreo o xornalista de La Voz de Galicia, Pablo Viz, daquela neno que lembra como os veciños enchían o improvisado local que facía as veces de sala de cine na súa casa de Merza.

cen anos de cine en deza (IV)

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

A puxanza económica mineira impulsou abrir salas en Cruces