«A unión de todos é fundamental»

Cristina Viu Gomila
Cristina Viu REDACCIÓN / LA VOZ

VILA DE CRUCES

O secretario xeral técnico de Asociación Galega de Apicultores, o cruceño Xesús Asorey, incide na necesidade de maior coordinación contra a velutina

27 dic 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Xesús Asorey (Vila de Cruces,

1952) é o actual secretario xeral técnico e socio fundador número un da Asociación Galega de Apicultores (AGA), que comezou a súa andaina hai hai 35 anos.

-¿Por que crearon AGA?

-O máis distintivo das abellas é que viven formando sociedades e grazas a iso sobreviviron. Desapareceron os dinosaurios, pero

elas levan entre nós 80 millóns de anos. Grazas ao seu sistema organizativo foron capaces de saltarse tódalas calamidades. Tamén vin que polo mundo adiante había unhas grandes asociacións de apicultores en países como Suíza, Francia ou Eslovenia, onde estivemos este ano. Alí non se lle ocorre a un apicultor non estar asociado. A unión é fundamental, tanto para as abellas como para os abelleiros.

-¿Por que para os abelleiros, xa que en realidade parece unha afección ou un traballo un tanto solitario?

-Claro, claro. Aínda que nos queren meter sempre os organismos oficiais como gandeiros, porque nos consideran produtores de mel, de polen e etcétera.

Aquí hai abelleiros que teñen desde unha colmea ata 5.000, por exemplo. Hai unha maraña moi ampla de intereses. Que teñan máis de 150 colmeas hai en Galicia só 100 dos 3.500. Non hai interese comercial senón que é xente instruída, que sabe que o traballo principal das abellas é a polinización, polo que fan un ben social. Grazas a elas temos biodiversidade, distintas flores e cores nos nosos campos, influímos

na paisaxe. Sen as abellas non existirían moitas froitas e hortalizas. Nós somos uns observadores privilexiados, as nosas abellas dinnos que o cambio climático é potentísimo. Están cambiando os seus costumes a unha velocidade enorme, sobre todo nos dez últimos anos.

-A apicultura semella unha actividade máis ben relaxante, pero vostedes parecen ser moi apaixonados.

-Os apicultores somos moi, moi