A festa de San Roque e as rutas por Xiabre dánse a coñecer no escaparate de Silleda
SILLEDA
O Concello dispón do seu propio stand en Festur, que estará aberto ata mañá
06 jun 2025 . Actualizado a las 12:36 h.Vilagarcía participa ata o domingo na Feira Festur de Silleda para promocionar a festa de interese turístico de San Roque e actividades coma por exemplo a ruta de sendeirismo «Goza do Ulla».
«Trátase dunha oportunidade inmellorable para dar a coñecer a riqueza patrimonial e cultural do noso Concello», apuntou o concelleiro de Turismo, Álvaro Carou, que estivo presente na apertura da feira. O Concello conta co seu propio stand onde se promocionan as empresas de turismo activo da vila, como Peperetes ou AmarCarril, entre outras.
A maiores, o concelleiro tamén participou na presentación do programa «Goza do Ulla». Trátase dunha asociación formada por 20 concellos dos arredores do río que se unen para organizar unhas rutas de sendeirismo e promocionar así a súa riqueza paisaxística, Pontecesures, Valga e Vilagarcía entre eles.
As 17 rutas son moi variadas, tanto de baixa intensidade como de media ou alta. Repártense vila a vila entre os meses de xullo e outubro. No caso de Vilagarcía, será o 6 de setembro e as inscricións xa están dispoñibles a través de turismo.vga@vilagarcia.gal. O percorrido sae dende Pinar do Rei ata o miradoiro da cruz de Xiabre, posteriormente continúase ata Fontefría, visitando os petróglifos recentemente restaurados. ata regresar ao punto de partida logo de andar 17 quilómetros.