Amigos da Boina de Galicia celebra a súa primera xuntanza en Silleda

daniel gonzález alén LALÍN

SILLEDA

Daniel González Alén

Nomeados 36 socios fundadores, os máis deles de Lalín e comarca

02 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O Club da Boina de Galicia, constituído en Lalín hai un pouco máis dun ano, celebrou onte a súa primeira xuntanza en Silleda, para nomear a 36 socios fundadores os máis deles de Lalín e comarca. No acto, que tivo lugar na Casa Grande de Fuentemayor de Silleda, aos novos socios foilles entregado un diploma que acredita o seu nomeamento por parte do presidente do club, o xornalista ourensán Antón Alonso, e o secretario, o foto-xornalista lalinense Manuel Seixas, lucindo xa as boinas, branca as mulleres e negra os homes, que colocaron uns socios aos outros.

Ademais das novas adscricións, tamén houbo un recoñecemento especial para o ben coñecido lalinense Carlos Agulló, polo uso continuado durante toda a vida da típica boina galega, que é o emblema que distingue aos membros do club; para a cantante portuguesa María do Ceo, que actuou como madriña nesta ocasión; para o gaiteiro Plácido Rozas, que puxo música ao evento e tamén para a mascota do club, a popular cadela Luka, propiedade do protésico dental lalinense Marcelino Túñez, que luciu unha boina feita a medida por encarga.

Os membros fundadores nomeados nesta ocasión foron: Carlos Agulló Barral, Ramón Cuíña Crespo, Daniel González Alén, Adolfo Meijide Otero, Daniel Molina Seguil, María Mundín Presas, Manuel Pérez Donsión, Plácido Rozas López, Tamara Seijas Fernández, Marcelino Túñez de la Barrera e Manuel Varela Santomé, todos eles de Lalín; Manuel Cuíña Vence, José Maril Sánchez e Miguel Villar Costoya de Silleda; Jesús Otero Varela, de Vila de Cruces; Jesús Palmou Lorenzo, da Estrada; José Luís Cortiñas González e Ramón Rodríguez Porto, de Chantada; Jorge Lorenzo Carrero, María Soledad Viéitez González, José Luis Otero Fernández, Miguel José Carrero López, Mercedes Cores Catalán, María do Ceo Fernández Faria, Alfredo Manuel Estévez Díaz e Juan José García Josa de Ourense; Fran Cendán Lloréns, Jesús María Cendán Vázquez, Estela Gómez Navarro e Jacobo Pérez Paz, de Santiago de Compostela; Eligio L. Hermida García e Carmen Rivas Fernández, da Coruña; e Juan José García Sosa, Angel J. Niño Pardo, Elia Picardo Ferrando e Francisco Javier Saguar Quer, de Madrid.

O Club da Boina de Galicia é unha asociación apolítica e independente, fundada en Lalín a finais do ano 2023, onde ten a súa sede social, coa finalidade de fomentar a amizade entre todos os socios e promover o uso da boina, como parte da vestimenta tradicional galega. Hai clubs e peñas en vilas e cidades de España, de entre as que destacan a de Pontevedra, fundada en 1958, Madrid, Biscaia, Aranda de Duero, Denia, ou Zaragoza, por citar algunhas.

Para rematar esta xuntanza, os integrantes do club celebraron un xantar de irmandade cun pantagruélico cocido e posaron diante do típico hórreo da Casa Grande Fuentemayor, para deixar testemuño desta celebración, que terá continuación en anos vindeiros con estes e novos socios que se vaian incorporando.