Silleda, capital da esgrima de Galicia

La Voz LALÍN / LA VOZ

SILLEDA

cedida

17 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

O sábado pasado o pavillón González Fares de Silleda converteuse no epicentro da esgrima galega coa disputa da liga autonómica de espada. A competición, organizada por Compostela Esgrima e coa colaboración do Concello de Silleda, reuniu no municipio trasdezá a tiradores de toda a comunidade, entre os que destacaban participantes dos clubes da Coruña, Vigo, Santiago, Lugo e Vilagarcía. Pola mañá foi a quenda dos máis cativos, mentres que pola tarde celebrouse a fase absoluta cos adultos. Dende a organización amosáronse satisfeitos polo éxito da liga e o seu carácter amigable da cita deportiva que se disputou tanto en modalidade individual coma por equipos.