Silleda saca a concurso o Servizo Lúdico Educativo por 220.000 euros

c. m. / r. g. LALIN / LA VOZ

SILLEDA

02 ago 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Silleda iniciou a licitación do contrato do Servizo Lúdico Educativo dirixido para nenos e nenas entre os 3 e os 12 anos. Realizarase por un procedemento aberto cun prezo de 55.000 euros por ano ata un máximo de catro anualidades.

Tramitarase a través da plataforma de contratación do Estado. As empresas interesadas teñen ata o vindeiro 16 de agosto para presentar as súas ofertas. O prezo de licitación estimado é de 220.000 euros e a duración do contrato será dun ano con posibilidade de prorrogarse ata 4 anos.

En total o servizo ofertará 50 prazas, ampliándose no verán e no Nadal. Desenvolverase no CEIP de Silleda e no de Bandeira, sempre e cando se acade o mínimo de inscricións. Tamén terá lugar no Entroido, Semana Santa e os días non lectivos que non sexan festivos.