Entrega do premio Figueirido de narración curta

La Voz

SILLEDA

miguel souto

16 may 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

A Fundación Pedrón de Ouro, en colaboración co Concello de Silleda, entregou onte o premio Modesto R. Figueirido de narración curta que este ano recaeu en Adolfo Caamaño, pola obra Derradeiras paisaxes do conde, con dous accésit para Esteban Brea e Antonio Piñeiro. No acto na Casa da Cultura houbo recital poético e musical no que participaron as autoras silledenses Carmen Castro e Sara Villar. Tamén tocou o grupo de vento da Escola Municipal de Música e Banda. O vindeiro Silleda repetirá e volverá a acoller o certame. foto miguel souto