Fin de semana de Entroido en Silleda

o. p.

SILLEDA

cedida

Hoxe será a xantar de maiores, mañá están os Xenerais da Ulla na Bandeira e o domingo serán as actividades centrais en Silleda

21 feb 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Silleda encara a fin de semana de Entroido con múltiples actividades. Hoxe, no restaurante Coteliño, celébrase o xantar de maiores a partir das 14 horas, con animación a cargo de Punto Zero. Haberá premios da Concellería de Benestar para o disfraz máis divertido, o máis orixinal, máis simpático e máis enxeñoso. E pola noite, na Bandeira, será a Vellada polos bares da localidade, que servirán tapas típicas destas data a ritmo de charanga.

Mañá sábado será o día grande na Bandeira, un dos principais referentes da tradición do Xenerais da Ulla, festa de interese turístico galego. A xornada comezará ás 16.30 horas co desfile desde a rúa do Deporte, pasando por Ramón de Valenzuela, rúa Xeral e praza do Entroido.

Alí os alumnos do colexio Ramón de Valenzuela, que onte participaron nos atranques escolares de Cruces, abrirán co alto infantil a batalla tradicional dialéctica ás 17.30 horas, mentres o alto dos maiores será ás 18. Pola noite, a partir das 23 horas, será o baile de disfraces no pavillón co trío Formas, dúo Nueva Era e Dj Troula, onde se entregarán os premios das distintas categorías ?comparsas e carrozas, individuais e charangas?, de ata 500 euros. A organización, a cargo da Asociación Amigos da Empanada en colaboración cos xenerais da Bandeira, agradecen a colaboración dos múltiples establecementos nos premios.

Tamén mañana en Silleda, ás 20 horas na praza Juan Salgueiro, será o concerto Clásicos á galega, organizado pola Banda de Música Municipal, que acompañará a Suso Vaamonde. Ao final, haberá cea con dúo Media Luna e sorteos entre os asistentes.

O domingo Silleda volve celebrar desfile e concurso de disfraces, organizado polo Concello con diversos colectivos da vila. Partirá ás 17 horas da Casa da Cultura. Haberá premios de ata 300 euros.

O luns Vista Alegre acolle festa infantil de disfraces ás 17. O martes, ECOS organiza outra festa para nenos na praza Juan Salgueiro ?se chove, na Casa da Xuventude?.

O remate será o día 29, con Ruada na Bandeira e sábado de piñata en Laro.