Apretada axenda da Coral Trasdeza

amelia ferreiroa

SILLEDA

miguel souto

A formación viaxará mañán ata Outes para participar no Festival de Habaneras que se celebra no municipio

13 sep 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

A Coral Polifónica de Silleda celebra trinta anos de vida e encara un completo programa de actuacións para este último cuatrimestre por mor do seu aniversario. Así mañán sábado os coralistas desprazaranse ata Outes para tomar parte no XXVI Festival de Habaneras, onde xunto ás corais de Cambre e a anfitriona; a Coral Francisco Añón, ofrecerán unha actuación na Casa da Cultura. Posteriormente, á semán seguinte cantarán na Romaría da Saleta en Siador. Unha actuación da formación coral silledense en Siador, cos misioneiros saletinos, que é toda unha tradición ao vilo facendo dende o ano 1990, e que conta co patrocinio da Deputación de Pontevedra, baixo a promoción cultural de Pontegal, e co apoio do Concello de Silleda.

A actividade da coral de Silleda manterase nos vindeiros meses cunha saída ata León, prevista para o mes de outro. Un desprazamento fixado para o 19 do próximo mes ao concello de Fabero, atendendo a un convite da Coral Faberense para participar no XIX Encuentro de Corales. Tamén a Agrupación Voces del Bierzo de Ponferrada ten previsto actuar en Silleda o 30 de novembro. Finalmente o 21 de decembro a agrupación pechará o ano coa celebración do denominado Concerto en Familia, con motivo das datas de Nadal. Un concerto que terá lugar na igrexa parroquial de Silleda, emprazamento que veu nacer a formación un 27 de maio do ano 1990 cando se organizara por aquel entón o primeiro Día da Música.