A Festa do Lacón de Silleda reúne esta noite a 1.255 persoas

amelia ferreiroa LALÍN / LA VOZ

SILLEDA

rober amado

A organización porá a disposición dos comensais un total de 250 lacóns, con prevalencia un ano máis dos asados

12 jul 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Continúa o programa das Festas de Verán de Silleda coa celebración esta noite dun dos eventos que non pode faltar no amplo abano de citas gastronómicas do municipio: o lacón.

Na organización a Asociación de Amigos do Lacón que atenderá a 1.255 persoas que se achegarán a degustar lacón asado ou cocido, segundo a preferencia de cada quen. O lacón asado segue sendo o máis solicitado, según o presidente da comisión Luis González Abal. Serán 140 asados e 110 cocidos os que se degustarán esta noite por parte das peñas, grupos de amigos e familias enteiras que repiten ano tras ano esta cita. «Normalmente os que veñen un ano volven á seguinte edición», insiste. E despois do lacón, queixo con marmelo, rosquillas, café e sen esquecerse do viño e do pan. «As cantidades son as mesmas para os queixos, marmelo, bolos de rosquillas e pan... Falamos de 250 queixos, 250 bolos de pan, 250 botellas de viño...». A comisión mantivo o prezo do menú da pasada edición: 60 euros para cinco persoas. Con anterioridade, e para abrir boca para a noite, haberá unha degustación de lacón aberta ao público en xeral a partires das 13.30 horas na Praza Juan Salgueiro, nunha iniciativa que busca a potenciación do producto.