O Nadal máis doce de Cáritas Silleda, unha rede de solidariedade

amelia ferreiroa

SILLEDA

rober amado

22 dic 2018 . Actualizado a las 22:32 h.

Cáritas Interparroquial de Silleda organiza dende hoxe e ata o vindeiro domingo, en horario de 10 a 20 horas, na Praza da Igrexa da localidade o cuarto mercadillo de doces, licores e conservas cuxa recadación irá a parar íntegrante ao colectivo. Unha iniciativa nada cando a crise estaba máis agudizada e as familias o estaban a pasar mal, que se segue mantendo no tempo e que permite prestar atención a unha vintena de familias do municipio. Baixo unha carpa instalada na Praza da Igrexa poderanse mercar todo tipo de doces elaborados polas asociacións de amas de casa do municipio, queixos, marmelos, a Asociación Amigos do Lacón fará unha degustación do produto e non faltarán caldos de adegas da D.O. Rías Baixas, Valdeorras, Ribeira Sacra e Ribeiro que fixeron unha doazón de botellas para a ocasión. Unha cuarta edición que trae novidades como un Concerto de Panxoliñas na igrexa o domingo ás 13 horas, con grupos da escola de música, do María Inmaculada e de Vila de Cruces; e ás 18 horas no Salón Parroquial actuará De Perdidos al Trío cuxa entrada será de 3 euros. Unha iniciativa que é polo de atracción, de visita e compras todos os anos e na que se pretende superar os 3.000 euros recadados en anos pasados.