Unha Festa da Paella o día 27 máis sensible co medioambiente

.

A Festa da Paella de Cortegada (Silleda) cumpre este ano a súa maioría de idade e farao apelando a un maior coidado do planeta. Pratos, vasos, garfos e coitelos serán biodegradables e compostables. «Con esta iniciativa intentamos facer un mundo con menos plásticos. Son 2.000 bolsas de plástico menos, vasos... Ao mellor non chegamos a concienciar a todos os asistentes pero se logramos facelo cunhas decenas xa será moito», apunta dende a organización da festa Román Peña.

Unha Festa da Paella que este ano limitirá o seu aforo a 2.300 persoas, cen máis que no pasado ano, «buscamos atender ben á xente, que marche contenta e máis comensais suporía desbordarnos». Paella con cazola de regalo, queixo con marmelo, pan, viño e café é o menú para o evento deste venres que comezará ás 22 horas, e para o que se poden retirar tarxetas ata mañán ao prezo de 12 euros. Na parte musical as orquestras Jerusalén e Pontevedra amenizarán a velada. O sábado tocarán New York e Ritmo Joven e o domingo actuará o Son da Fervenza.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Unha Festa da Paella o día 27 máis sensible co medioambiente