Silleda abre as súas festas de verán co mellor da gastronomía local

Co chupinazo desta tarde comezarán uns festexos organizados por Idea Silleda que custan 65.000 euros


Do 5 ao 8 de xullo • Hoxe chupinazo, degustacións gastronómicas e verbena • Casa da Cultura e Rúa Pintor Colmeiro (Silleda) • Os silledenses preparanse para vivir as súas festas de verán pensadas para todos os públicos «dende os máis cativos ata os maiores, intentando cubrir todos os eidos» sentencia o presidente de Idea Silleda, a asociación que se encarga de organizar os festexos, Antonio Rodríguez Loureiro. Un grupo de traballo que ten xa tres anos de experiencia ás costas e que mesmo xa pensa no convinte que sería un relevo pero antes toca levar esta cita a bo porto, e para elo nada mellor que anunciar que a festa comeza co chupinazo que se tirará dende o balcón da Casa da Cultura ás seis da tarde. Posteriormente chegará un evento posto en marcha o ano pasado con éxito: a degustación popular das festas gastronómicas do municipio.

«Once en total máis os panadeiros que se suman a unha idea que parece que gustou e que esperemos se manteña no tempo. É unha maneira de xuntar ás parroquias todas», explica Antonio. Unha degustación de balde para os que se queiran achegar ata a Rúa Pintor Colmeiro entre as 21.30 e ás 22.30 horas. A charanga Os Ardores será a encargada de amenizar o acto antes de dar paso á verbena na que tocará a orquestra Marbella. O venres celebrarase a 20 edición da Festa do Lacón e pola noite tocará a orquestra Miramar.

O sábado será a xornada dos nenos con moitas actividades para eles, e á noite subirán ao escenario D´Moda e Principal e o domingo haberá concerto das bandas de Silleda e Bandeira e a orquestra La Fórmula será a encargada de pechar os festexos.

10.00 a 12.00 Voces de deza

El magacín que conduce Amelia Ferreiroa entrevistará hoy a la directora xeral de Comercio Sol Vázquez con motivo de la próxima celebración de la feria de artesanía de Agolada, que tendrá lugar en los pendellos desde mañana y hasta el próximo domingo. Los concellos de Lalín y Rodeiro acogerán el rallye de regularidad que organiza la Escudería de Clásicos O Toxo, otra de las cuestiones a tratar en el programa de hoy al igual que las principales noticias de la jornada en los concellos de Deza y Tabeirós-Terra de Montes. Además como cada jueves habrá espacio de salud y nutrición que llegará de la mano de la dietista y nutricionista lalinense Vanesa Taboada.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Silleda abre as súas festas de verán co mellor da gastronomía local