O Camiño dos Arrieiros do Viño de Trasdeza

Alfredo Abeledo penas SILLEDA

SILLEDA

O tráfico de mercadorías e gandos tiña un peso importante nesta zona interior no século XVIII

17 may 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

A historia do viño do Ribeiro remóntase á implantación do cultivo da vide de forma intensiva nos primeiros séculos do período romano, século I despois de Cristo.

Na Alta Idade Media, rexurdiu con forza, constituíndo un dos principais cultivos ás portas do ano mil. É precisamente durante esta etapa, cando os máis importantes centros eclesiásticos galegos asentaron no Ribeiro granxas e prioratos para prover viño ás adegas das súa sedes principais.

O florecente aprecio polos viños do Ribeiro, quedan reflectidos na aprobación dun decreto no que figuran os precios dos víveres que se comercializan en Santiago de Compostela no ano 1133. Neles detállase o viño Ribeiro como o máis caro de cantos se vendían na poboación. É nesta época cando se inicia a comercialización con animais, en pelexos, cara a Ourense, Pontevedra e claro está….. a Compostela e de paso a Trasdeza.