«Foron 25 anos de felicidade nos que me sentín moi realizado»

amelia ferreiroa

SILLEDA

MIGUEL SOUTO

Coincidindo coa festa de San Juan de Ávila celebrará hoxe con outros dous curas as súas vodas de prata sacerdotais

10 may 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

No Seminario Diocesano de Lugo celebraranse hoxe unha serie de actos con motivo da festa de San Juan de Ávila, patrono do clero secular, que comezarán cunha conferencia do director do Secretariado da Comisión Episcopal do Clero ao que lle seguirá unha eucaristía na Capela Mayor do Seminario á que asistirán os seis curas que celebran este ano as súas vodas de ouro sacerdotais e tres as de prata como é o caso do silledense, nado en Breixa, José Pérez Barreiro.

-Lembrará perfectamente a data da súa ordenación sacerdotal.

-Non se esquece (risas). Foi o 18 de decembro de 1993 na parroquia de Santiago A Nova en Lugo e a miña primeira misa foi en Breixa o 26 de decembro.

-Seguiu a tradición familiar?

-Non foi o caso. Eu comecei axudando na miña parroquia aos curas, coma a don Benedicto que aínda vive, e logo con 15 anos marchei para o seminario a estudar pero sen pensar en ser cura. A vocación chegoume alí.

-Cal foi o primeiro destino?

-Santiago A Nova en Lugo. Logo cursei en Madrid Pedagoxía Catequética e axudaba na parroquia de San Patricio, voltei a Lugo para levar a delegación de catequese, un ano na Pobra de Brollón, voltei a Santiago A Nova. Levo 6 anos en Silleda onde atendo a 11 parroquias: Lamela, Cervaña, Moalde, Piñeiro, Abades, Pazos, Santirso, Rellas, Chapa, Bandeira e Silleda.

-Como foron estes primeiros 25 anos de sacerdocio?

-De felicidade nos que me sentín moi realizado. A miña idea é celebrar estas vodas de prata cos fregueses alá para decembro.