Visita a Lalín, Silleda e Vila de Cruces do Apalpador

La Voz

SILLEDA

Cedida

El día 29 dentro do programa Nadal en Galego da Deputación

19 dic 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Dentro do programa Nadal en Galego da Deputación de Pontevedra e a partires do xoves, día 21, 30 concellos da provincia recibirán a visita do Apalpador e, iste ano como novidade, da Apalpadora que se repartirán as actuacións nos concellos.

No caso dos de Deza, lle tocará a visita do Apalpador. Estará o día 29 por estas terras. Ás 12.00 horas na Praza da Igrexa de Lalín; ás 17.00 horas na Casa da Xuventude de Silleda e ás 19.00 horas na Praza Juan Carlos I, ou no caso de que chova, no Auditorio municipal de Vila de Cruces. O espectáculo inclúe a narración oral e a música. Tanto o Apalpador como A Apalpadora estarán acompañados dun acordeonista e contarán historias tradicionais galegas, aproveitando para tamén recalcar os nenos a importancia da compostaxe, de coidar os montes e evitar os lumes forestais.

Dentro dos actos se levará a cabo un reparto de landras de carballo entre os rapaces, os que se lles explicará o proceso de xerminación e as súas características. As landras proceden ta Estación Fitopatolóxica de Areeiro.