Aclaracións sobre a Escola de Fútbol de Silleda

Jose Manuel García Soto

SILLEDA

10 ago 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

A candidatura encabezada por José Manuel García Soto lamenta a deriva que ven tomando a Escola de Fútbol de Silleda dende a celebración das elección a presiencia da escola. Tal como quedou de manifesto tralas irregularidades nasque se incurreu durante o procedemento electoral e na propia celebración de votación, a división xerada entre os alumnos e pais da escola polas actuacións da anterior directiva e da nova entrante, fixo que se veñan producindo un regueiro de baixas que fan peligrar a continuidade da escola.

O procedemento electoral foi absolutamente escandaloso, variáronse as condicións das eleccións en pleno proceso favorecendo á actual directiva, non facilitaron o acceso ó censo electoral, eliminando so ós candidatos que non lle interesaba dos grupos de pais e acomodárona a unhos estatutos de caza de Valencia para conseguir que o voto delegado, o que posibilitou que incluso a sú acandidatura conseguise a delegación de votos antes de que resto de candidaturas fosen informadas de que se ía permitir este tipo de votación, e finalmente como non lles daban as contas, incluso se permiteu que a misma persona pudese votar máis de unha vez.

De feito os efectos xa se están deixando ver e a continuidade do equipo xuvenil peligra xa que práctivamente a totalidade dos xuvenis de primeiro ano marcharon en bloque polo descontento e as diferenzas coa actual situación da escola e a súa xestión, situación que tamén se ven repetindo nas categorías inferiores.

Dende esta candidatura lamentamos a falta de implicación por parte do Concello, xa que a pesar de ser conocedores de primeira man das graves irregularidades que se veñen producindo na Escola e que conoceron de primeira man nas reunións mantidas cos tres candidatos nas últimas datas, pretenden dar cobertura a actual directiva permitíndolle que continúen durante un ano e que despois se volvan a celebrar eleccións. Non sabemos que tipo de interés poden ter en que se manteña a actual situación e que continúe a actual directiva durante un ano máis cando saben perfectamente que fixeron trampas nas eleccións. O Concello non lle pode seguir dando cobertura a unha entidade como a Escola de Fútbol coas gravísimas deficiencias que ben mostrando na súa xestión e cun oscurantismo que o único que fai é ocultarlle información ós pais de tódolos nenos.

As últimas maniobras do Cocnello e a actual directiva coa que se conseguir retrasar a última reunión ata este martes a tarde foi unha volta de tuerca para satisfacer os seus intereses personais. O que non entenden e que a nos danos igual a inauguración dun campo ou as persoas que conformen a directiva, o que nos interesa son os nenos da escola e os pais que deben ter resposta cando antes a este problema para poder decidir si insciriben ós nenos na escola ou se van a outro lado onde as cousas funcionen como é debido.

Ademáis quero agradecer o apoio de todalas familias que se veñen preocupando pola situación da escola e que veñen mostrando a sua indignación con cómo se levaron a cabo as eleccións e considero que a escola debe ser un espazo limpo e transparente para todos os seus socios e os pais e alumnos que a integran, e mal pode funcionar se os seus dirixentes son os primeiros en facer trampas para intentar conseguir os seus intereses. Non creo que sexa o mellor exemplo para os nosos rapaces, e os pais e o Concello deberían actuar en consecuencia.

José Manuel García Soto foi candidato á presidencia da Escola.