«Ser parte do Erasmus Mundus é unha oportunidade enorme »

A. manso / p. v. LALÍN / LA VOZ

SILLEDA

miguel souto

A finais de mes parte cara a cidade danesa de Aarhus xunto con estudantes de máis de 50 nacionalidades

06 ago 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Jaime Llinares Taboada (Parada, Silleda, 1994) estudou Xornalismo na Universidade Complutense de Madrid, cursando un ano na cidade polaca de Cracovia, onde se adentrou na obra de Ryszard Kapuscinski, protagonista do seu traballo de fin de grado. Traballou durante este ano no diario El Economista e a finais deste mes parte cara terras danesas a cursar un máster internacional que lle permitirá seguir formándose na súa pasión: o xornalismo.

-¿Qué tipo de estudos o leva ata Dinamarca?

- Trátase dun programa de máster que se chama Erasmus Mundus Journalism. Un máster bianual en xornalismo, globalización e medios de comunicación. O primeiro ano impártese na cidade danesa de Aarhus e o segundo, en Ámsterdam onde cursarei a especialidade de política e medios de comunicación.

-Qué supuxo para vostede acadar unha praza neste máster?

- Foi unha alegría moi grande. Non estaba seguro de ter o nivel necesario para que me escolleran. Estar dentro deste programa é unha oportunidade enorme de poder seguir formándome no estranxeiro, practicando idiomas e coñecendo xente de culturas totalmente diferentes á miña. Os estudos están moi relacionado ca globalización e hai alumnos de 50 ou 60 nacionalidades distintas de todo o mundo: África, Asia, América...

-Preocúpache o proceso de adaptación ó novo país?

- Para nada. Estiven alí fai pouco buscando aloxamento. Aarhus pareceume unha cidade moi bonita e agradable. Con todos os servizos públicos que unha urbe pode desexar. Hai tamén moitísima inmigración. Non creo que vaia a ter problemas para adaptarme alí.

-Cal é a túa visión do xornalismo hoxe en día?

- Dende que se produciu a revolución dixital vense falando de que o xornalismo morreu e que agora calquera pode ser xornalista se ten un ordenador. O xornalismo é un medio que nunca tivo un gran momento e ser periodista sempre foi difícil. Agora, os que nos adicamos a isto, deberíamos facer uso de todas as novas ferramentas como redes sociais ou smartphones para poder facer un produto xornalístico moito máis rico e que unha reportaxe non so se limite a texto. Saber adaptarse o mellor posible ós novos inventos que veñen da man da dixitalización é vital para facer un xornalismo que sexa atractivo para o público.

-Entón, ve posibilidades dentro da precariedade da situación?

- Si. Eu non penso que á xente non lle interese o xornalismo. Ó revés, eu vexo que en España a xente demanda máis xornalismo que nunca.

-Por qué escolle un adicarse a esta profesión?

- Cando escollín esa carreira con 17 anos, fíxeno como moitos outros porque era a máis atractiva e a menos aburrida. Non coñecía moi ben o que era e tampouco coñecía a vida dun xornalista. Pouco a pouco funme metendo no mundillo e cada vez empezoume a gustar máis. Ahí foi cando me empecei a decatar de que o podía facer ben. Até o de agora non perdín o ánimo.

-Qué lle dirías a un rapaz que se matriculou este ano en xornalismo

- Se xa se matriculou non hai volta atrás (risas). Que se interese polo lado máis práctico da profesión, que vaia a charlas, que lea libros, que faga prácticas e que intente chegar a facer un xornalismo da máis calidade que poida.

-En que lle gustaría especializarse?

- Interésame a política, a economía, as relacións internacionais... pero a verdade e que non teño un campo no que diga rotundamente que me quero especializar nel. Polo de agora intentarei seguir abarcando un pouquiño todo. Incluso unha das cousas que me gustaría facer é ser xornalista no estranxeiro

-Ademais de galego fala perfectamente valenciano. estudou en Madrid e viviu en Polonia durante un ano, que aporta esa multiculturalidade?

- Supoño que son capaz de ver as cousas e os problemas dende diferentes planos. Dende unha perspectiva máis ampla. Quizais por elo teño unha capacidade maior para poñerme na pel dunha persoa diferentes.

-Pasa longas temporadas lonxe de Silleda, qué sentes cando volves?

- Teño o sentimento de que cheguei o meu fogar, aquí estou tranquilo e estou ben. Cando veño o que máis me gusta é estar cos meus amigos e disfrutar da miña familia. Moitas veces simplemente disfruto estando unha tarde na casa sen pensar no que teño que facer o día seguinte. E as festas cando estás fóra tamén se botan moito de menos. Galicia nese aspecto ten un verán espectacular. Son moi fan das festas galegas.