O Encontro dos Amigos de Silleda será o día 13 de agosto

A. M. / J. B.

SILLEDA

.

Haberá exposición fotográfica e comida de confraternidade

14 jul 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

O undécimo Encontro dos Amigos de Silleda terá lugar o día 13 de agosto no Santuario de Nosa Señora da Saleta en Siador. Ás 11.00 horas será a recepción e a visita ao seu tesoro máis preciado, a exposición de fotos antigas da localidade, que conta con instantáneas de lugares pero tamén das súas xentes. Ademais ultimamente foi ampliada. Haberá tamén degustación de produtos organizada por la Asociación de Amigos do Lacón de Silleda, todo esto amenizado polo grupo folclórico O Son da Fervenza.

Ás 13.00 será a misa na capela da Saleta oficiada como de costume polo sacerdote Antonio. A partir das 14.30 horas estarán dispostas as mesas para a comida grupal e continuarase despois cunha gran queimada, cancións e música. O último día para reservar é o 11 de agosto e poderá facerse mediante transferencia ou ingreso no Banco Sabadell. O prezo no caso dos adultos será de 22 euros e 8 no caso de nenos menores de dez anos. O teléfono de contacto é o 986 580 819.